Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro medioambiental Gaia repartiu útiles para coidar o entorno en praias de Burela

BURELA (FNC) .- As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello de Burela repartiron hoxe cinceiros para usar na praia  e recolledores para depositar os excrementos das súas mascotas. Esta acción realizóuse ás 12 do mediodía na praia urbana de Burela e na do Cabaliño. Gaia informa que  “aquelas persoas que necesiten cinceiros poden recollelos  nos postos dos socorristas de calquera das praias de Burela , son totalmente de balde”.

Ademáis os alumnos que asisten ás actividades organizadas este verán mañá venres 16 de xullo efectuarán a limpeza da praia urbana. A saída está prevista para as11 e a volta para as 12:30 horas. Os nenos ataviados con palas, bolsas de lixo e guantes farán unha limpeza da praia e serán agasallados cun conto sobre a recollida do lixo. Persoal encargado da limpeza da praia encargarase de explicarlles a importancia de manter o areal limpo e o seu procedemento.

Exit mobile version