Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela investirá 16 mil euros en actividades de información, orientación e busca de emprego

BURELA (FNC) .- O Concello recibe unha subvención de máis de 16.000 euros para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego, segundo ven de informar a concelleira Sonia Fraga.

A edil de Emprego e Formación sinala que “esta subvención xa se veu concedendo con anterioridade e serviu para complementar dunha maneira total e eficaz o servizo de emprego do noso Concello á hora da atención prestada aos usuarios/as demandantes”.

A contía concedida para o ano 2010 é de 13.760 euros e para o 2011 son 3.029 euros. Fraga explica que “a resolución de dita subvención ten carácter plurianual polo que se deben imputar á anualidade deste 2010 únicamente os gastos de persoal correspondentes ao 15% ata o 31 de decembro. Igualmente ocorrerá no 2011”. A concelleira socialista anuncia “a próxima contratación dunha persoa para ocupar o posto de orientadora laboral dentro do departamento de emprego do Concello de Burela. Será por un período de 6 meses”.

Esta subvención concedida ao Concello de Burela procede dos fondos finalistas transferidos: Programa Operativo de Adaptabilidades e Emprego 2007-2013 do Fondo Social Europeo.

Exit mobile version