Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo advirte que lle cobrará á Deputación por limpar as beiras das estradas

CERVO .- O Concello de Cervo asegura que lle cobrará a Deputación por limpar as beiras das súas carreteiras de maleza, ramas e árbores cortadas si o ente provincial non o fai “o máis urxente posible”.

Nota de Prensa

CERVO PÍDELLE POR ESCRITO Á DEPUTACIÓN QUE SE FAGA CARGO DA LIMPEZA E MANTEMENTO DAS CUNETAS DAS ESTRADAS DA SÚA COMPETENCIA

* O Goberno local remitiu esta mañá unha comunicación ao ente provincial para que limpe “o máis urxente posible”  as beiras das súas carreteiras de “maleza, ramas e árbores cortadas”

* De non obter resposta, o Concello acometerá as tarefas de mantemento e cobrarálle á Deputación o custe dos traballos

Cervo, 8 de xullo de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, anunciou que o Concello remitiu no día de hoxe un escrito á Deputación de Lugo denunciando o mal estado no que se atopan as cunetas das estradas da súa competencia que se atopan dentro do termino municipal.

Segundo indicou a responsable local de Medio Ambiente, o escrito dirixido á Deputación sinala que “ao igual que en anos anteriores” as estradas cervenses de titularidade provincial “están sen rozar polas súas beiras”. En opinión de Armada, o incremento da maleza, xunto coa existencia de ramas e árbores cortadas nas cunetas destas vías “segue empeorando día a día e dificulta a circulación por elas, mentres que por parte da Deputación non se lle da solución algunha” asegurou.

Por iso, dende o Goberno local de Cervo solicitan da Deputación neste escrito que tome as medidas oportunas para a limpeza de tódalas estradas da súa titularidade que transcorren polo municipio do xeito “máis urxente posible”.

Armada tamén adiantou que o Concello dará de prazo á Deputación ata o luns para que inicie os traballos de limpeza. De non facelos, será o Concello quen asuma esas labores de mantemento naquelas estradas máis transitadas. “De non obter ningunha resposta, o luns acometeremos as tarefas de roza e limpeza das cunetas dos viais provinciais máis utilizados coma a estrada entre Río Cobo e San Ciprián. Basicamente para prever posibles riscos de circulación, xa que esta carreteira é moi transitada habitualmente e a vindeira semana o será aínda máis, posto que se van celebrar as festas do Carme” recalcou Armada, quen adiantou tamén que o custe dos traballos que desenvolva o Concello nesta limpeza de estradas “seranlle remitido ao cobro á Deputación para que asuma ditos custes coma titular que é destas infraestruturas”.

Exit mobile version