Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Foz colabora na organización de cursos de surf e de piragüismo

FOZ .- A delegación de Xuventude do Concello de Foz en colaboración coa escola Hola! Ola!e o club Kayak organiza cursos de piragüismo e de Surf. A escola de Surf Hola! Ola! impartirá cursos de surf na praia de A Rapadoira nas semanas do 19 ao 23 de xullo e do 26 ao 30 de xullo. Na segunda quincena de xullo, do 19 ao 30 e do 2 ao 13 de agosto e do 16 ao 27 de agosto o club Kayak impartirá cursos de piragüismo.

Un mar de actividades

NOTA DE PRENSA
Comunicamos
Que Despois do éxito acadado no curso de iniciación, a Escola de Surf Hola! Ola!
impartirá CURSOS DE SURF nas semanas do 19 ao 23 de xullo e do 26 ao 30 de xullo.
Serán dous grupos e terán un horario será de 16h. a 18h. e celebraranse na Praia da
Rapadoira. O importe destes cursos é de 60€. O único requisito para participar desta
actividade é ter máis de 7 anos e saber nadar. Organiza: Hola! Ola! Escola Surf. Colaboran:
Delegación de Xuventude do Concello de Foz, Área de Deportes da Deputación de Lugo e
Federación Galega de Surf. Todo o material necesario será aportado no curso (traxe,
táboa,…)
Ademais destes cursos de surf, durante a segunda quincena de xullo (do 19 ao 30 de
xullo) e as dúas de agosto (do 2 ao 13 de agosto e do 16 ao 27 de agosto) impartiranse
CURSOS DE PIRAGÜISMO, impartidos polo Club Kayak. O horario será de 11h. a
12:30h. e o seu importe será de 60€. O único requisito para participar nestes cursos é ser
maior de 8 anos e saber nadar. Todo o material é suministrado no curso polo Club Kayak.
Colabora: a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz.
As persoas interesadas poden inscribirse na Casa da Xuventude, ou chamando ao
teléfono 982.133037 ou a través do noso correo electrónico xuventude@concellodefoz.es.
As prazas son limitadas, polo que animamos a todas as persoas interesadas a
inscribirse canto antes para non deixar pasar a oportunidade de aprender a practicar estes
atraíntes deporte

Exit mobile version