Site icon Crónica3.com A Mariña

O director xeral de Vivenda tratou co PP sobre as Casas Baratas e as vivendas da Rúa do Río de Burela

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

O Director Xeral de Vivenda, Antonio Boné, e González Barcia reúnense para falar das Casas Baratas e das vivendas da Rúa do Río.

O concelleiro popular reunirase o mércores con veciños das dúas zonas para explicarlles actuacións a levar a cabo e posibles solucións.

O Director Xeral de Vivenda da Xunta de Galicia, Antonio Boné, recibiu hoxe en Santiago ó portavoz do PP de Burela, José María González Barcia, para ver as actuacións a levar a cabo en materia de vivenda por parte da Xunta en Burela.

González Barcia, que valorou positivamente a reunión e recalcou unha vez máis que “o que non fai o bipartito burelés temos que facelo outros que sí nos preocupamos polos intereses dos veciños”, afirmou que os dous temas centrais da reunión foron as vivendas da Rúa do Río, que ainda teñen dependencia da Xunta de Galicia, e as Casas Baratas. O portavoz do PP asegurou que na reunión de hoxe o Director Xeral de Vivenda garantizoulle que as obras do Río se van facer, e que se falou con detenemento da situación das Casas Baratas.

Con todo, e por respecto ós interesados e hasta ter unha reunión con eles pasado mañán, mércores, González Barcia declinou facer calquera outra referencia á reunión mantida con Antonio Boné. O portavoz popular xa tén convocados ós representantes dos interesados para senllas reunións nas que lles explicará polo miudo o contido da entrevisrta co Director Xeral de Vivenda.

Exit mobile version