Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela pide a retirada da Lei de Auga e financiamento para o CIM

BURELA (FNC) .- O equipo de goberno presenta ao pleno ordinario que se celebrará mañá venres dúas mocións. Unha solicitando a retirada do proxecto de lei de augas da Xunta e outra reclamando un marco estable de financiamento para os centros de información á muller, como o que hai en Burela.

A tenente de alcalde, Neves Cando, dixo que “dende o equipo de goberno do Concello de Burela imos presentar dúas mocións para o pleno de mañá sobre dous asuntos que nos parecen moi importantes para os veciños e veciñas de Burela. Por un lado, unha moción solicitando a retirada do proxecto de lei de aguas que ven de aprobar o Goberno galego do Partido Popular. Este proxecto contempla substituir o actual canon de saneamento que pagamos todos co recibo da agua por dous novos tributos: o canon da agua e o coeficiente de vertidos”. A edil nacionalista suliña que “isto vai supoñer que a Xunta recade máis cartos á conta das familias galegas, porque, por poñer un exemplo, unha vivenda que consuma unha media de tres metros cúbicos ao mes vai ver incrementado o seu recibo da auga en máis dun 350 por cento. Ademáis redúcense os consumos calificados como domésticos pasando dos 3.000 metros cúbicos anuais que hai agora aos 2.000 metros cúbicos por ano, coa repercusión que esto terá para os pequenos negocios que ao cambiar de categoría o consumo pagarán máis no recibo da auga. Este proxecto de lei tamén obriga a instalar contadores homologados nos pozos particulares e establece unha cuota para todos os fogares, aínda que non teñan consumo de auga. Por todo isto solicitamos a retirada deste proxecto e a elaboración doutro que garanta o acceso á auga a todos en igualdade de condicións e cunha fiscalidade progresiva que non supoña un incremento de impostos nestas épocas de crise”.

O bipartito presenta outra moción “co fin de reclamar á Xunta de Galiza un marco estable de financiamento para os centros de información á muller como o que temos no Concello de Burela. A Xunta ven de publicar unha orde para outorgar subvencións aos Concellos para o financiamento destes centros, que supón en concreto para o de Burela a perda de arredor de 12.000 euros de subvención con respecto aos anos anteriores. E o máis grave é que o sabemos agora, a mediados de ano, e sen ningunha garantía de continuidade desta aportación económica da Xunta para seguir mantendo este servicio de información ás mulleres, que en Burela conta con asesoramento xurídico e psicolóxico e con persoal cualificado para informar e asesorar ás mulleres sobre calquera tipo de circunstancia laboral, social, familiar ou xurídica”.

Exit mobile version