Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela achega datos sobre as axudas da Xunta á promoción de emprego

NOTA DE PRENSA:
González Barcia: “o concello tén que decir cando lles vai pagar ós clubes deportivos”.

O portavoz popular asegura que o bipartito minte sobre os pagos pendientes da Xunta.

Barcia aporta datos sobre as axudas da Xunta á promoción do emprego.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, manifestou hoxe que “o bipartito burelés tén que decir claramente cando lles vai pagar ós clubes deportivos o que lles debe, cincuenta e cinco mil euros, e deixarse de decir bobadas e mentir. Ningún político que se precie, con responsabilidades de goberno, pode defenderse falando das persoas ou criticando a outras administracións. O bipartito burelés tén que asumir as súas responsabilidades, que para eso son goberno, e non enganar e mentir. Tamén todos sabemos como se lles chama ás persoas que minten, e algún membro do bipartito minte moito e mui a menudo”.

González Barcia reafírmase en que “a situación dos clubes é grave, porque non cobran, o que lles xenera múltiples problemas de liquidez, e eso sábeo o bipartito, porque así se lles dixo por parte dos clubes”. O portavoz popular cré que “esta situación é semellante á das axudas cos corenta euros, moito larear de que se dan as axudas, pero nove meses despois. Eso sí, teñen dezasete mil cincocentos euros do Plan E para gastarse nun curso de jazz para trinta ou corenta persoas: penoso”.

Barcia tamén asegurou que “o bipartito burelés minte con respecto ó que a Xunta tén pendiente de pago con Burela. Os concelleiros do bipartito están no concello para figurar, porque non se enteran de nada, e eso que están gobernando e teñen os datos á man, o que demostra que falan por falar e que traballan máis ben nada. É unha mentira coma unha casa decir que a Xunta debe un millón de euros, a primeira mentira, porque a Xunta tén pendiente de abono ó concello de Burela algo máis de catrocentos mil euros, dos que cento corenta mil son do GRUMIR deste ano, que se ingresarán nestes días, e cáseque outros cento corenta mil do Fondo de Cooperación. Segunda mentira, a Xunta non debe nin un só euro de axudas á promoción do emprego do ano pasado. Terceira mentira, a Xunta dalle prácticamente os mesmos postos de traballo a Burela este ano ca no ano 2009, xa que no ano 2009 a Xunta aportou 194.723’00€ para vintetres traballadores e este ano aporta 233.919’64€ para vintecatro traballadores; os once que viñeron a maiores o ano pasado en outubro, viñeron gracias a un plan de choque contra o paro levado a cabo pola Xunta de Feijoo”.

Por certo, indicou Barcia, “os criterios de selección son os mesmos desde hai varios anos, e non se cambiaron coa chegada do PP á Xunta hai un ano”.

Pero Barcia foi máis alá: “non se pode salir na prensa engañando e decindo mentiras para eludir responsabilidades, e menos unha persoa do bipartito que despilfarrou o ano pasado cincuenta e cinco millóns de pesetas sen ningún control, que tardou nove meses en pagar as axudas dos corenta euros, e que gracias a ela as asociacions culturais de Burela non teñen axudas directas do concello. Con ese balance, non pode haber credibilidade. E no deporte menos: as obras que fixo o PP están ahí, e mentres tanto o concello de Burela non é capaz de pagar facturas do cortacésped do campo da Marosa”.

Exit mobile version