Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que “nada se pode facer en dez meses” se non se fixo nada antes

NOTA DE PRENSA

O PP afirma que o pleno do venres próximo demostra que no bipartito “non hai ideas nin proxectos nin traballo”.
Barcia considera que “se non se fixo nada en tres anos e dous meses, nada se pode facer en dez meses”.
O PP burelés pide que Fomento mellore a recollida de pluviais da variante.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que a orde do día do pleno que se celebrará o vindeiro venres “é a demostracións máis palpable que no bipartito municipal non hai nin ideas, nin proxecto nin moito menos ganas de traballar”.
Barcia fixo estas manifestacións porque “despois de levar dous meses sen pleno, porque o de maio celebrouse a principios de Xuño, resulta que o único que tén interese para o bipartito municipal é o regulamento da Escola de Música, porque todos os outros puntos ou xa foron tratados no seu día e teñen que volver ó pleno por distintos motivos, ou son de obrigada inclusión, como a dación de conta do estado do presuposto ou a declaración de días festivos. E non hai máis de producción propia do alcalde, co que levamos tres anos e dous meses sin dar ‘palo al agua’, e sen presentar ningún proxecto serio e que xenere ilusión”.
Barcia afirmou que “nos dez meses que quedan só se pode esperar unha cousa: nada, porque o que non se fixo desde maio de 2007 non se pode facer en dez meses, e as ganas de traballar non van aumentar, máis ben todo o contrario. O que demostra que o bipartito PSOE-BNG non fixo por intereses dos veciños senon por intereses do alcalde e de Nieves Cando”.
O portavoz dos populares anunciou que o PP presenta tres mocións: unha delas, pedindo que a luz non suba, algo que o goberno de Zapatero estivo barallando para este mes e que agora barrunta para outubro. E dúas máis que teñen que ver coas inundacións: unha delas, que se forme un mecanismo de cooperación entre a Xunta, o Goberno do Estado, a Deputación e os concellos, para abordar con máis garantías e con máis celeridade a subsanación dos destrozos e averías producidas pola riada hai mes e medio. E unha terceiro moción, na que se lle pide a Fomento que faiga un estudio para millorar a canalización das augas pluviais pola parte sur da variante, xa que en gran parte esas augas que veñen do monte conflúen nas Pasadiñas.
Os populares confían en que as mocións das inundacións sexan aceptadas polo bipartito, porque o alcalde cansouse de decir que había que declarar zona catastrófica, pero non o fixo. Así que agora pode sumarse a que as demais administracións colaboren  cos concellos, como pide o alcalde de Ribadeo.

Exit mobile version