Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela quere saber con cargo a que partidas abonara o concello a suba do IVE

Nota de Prensa

O GMPP: “o concello vai ter que abonar uns tres millóns de pesetas pola subida do IVE das actuacións do Plan E”.

Pablo Pernas e Manuel Fernández preguntarán no próximo pleno con cargo a qué partidas se abonará semellante diferencia.

Os concelleiros populares lembran que PSOE e BNG apoiaron a subida do IVE.

Os concelleiros populares Pablo Pernas e Manuel Fernández afirmaron hoxe que “o concello, tal e como anticipou o PP, vai ter que abonar uns dezasete mil euros pola subida do IVE correspondente ás actuacións do Plan E que se xustifiquen despois do día un de xullo”. Os edís populares avanzaron que, segundo o rexistro municipal, a día un de Xuño só se presentaran dúas facturas de outras tantas actuacións, cun importe total de aproximadamente noventa e tres mil euros.

Segundo Pernas e Fernández, “os cálculos fanse fácil: se dentro do Plano E había oitocentos mil euros para obras e aproximadamente cento cincuenta mil de servicios sociais suxeitos a IVE, ou sexa, un total de novecentos cincuenta mil, e só se xustificaron noventa e tres mil antes do día un de Xullo, eso quere decir que quedan por xustificar oitocentos cincuenta mil, o que supón dezasete mil euros de IVE, cáseque tres millóns das antigas pesetas, que haberá que pagar a maiores, por culpa do  incremento de dous puntos no imposto aprobado polo goberno Zapatero”.

Os concelleiros populares lembraron que “o PP presentou unha moción no pleno burelés hai tres meses, solicitando que o IVE non se incrementara, pero o alcalde dixo que a subida non se notaría e votou en contra, xunto cos concelleiros que o apoian”.

Para Pernas e Fernández, “o certo é que cada familia vai ver como se lle van uns douscentos setenta e cinco euros anuais pola subida do IVE, e tamén é certo que nos presupostos municipais non hai cartos para facerlle fronte a este incremento só no que se refire ás obras do Plano E”.

Polo tanto, os concelleiros populares formularán unha pregunta no vindeiro pleno “para que se nos diga de onde van sair os cartos para pagar esta diferencia de cáseque tres millóns de pesetas de incremento do IVE só no que corresponde ó plan E. O que acontece é que ademais de non saber como se vai pagar esta diferencia, ainda non sabemos cando se vai celebrar o pleno que se tina que ter celebrado o pasado día vintecatro de Xuño, proba de que o alcalde non está mui preocupado polas cousas do concello, ou lles adica mui pouco tempo, ou as duas cousas ó mesmo tempo, o que xa sería demasiado grave”.

Exit mobile version