Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP discrepa de que o PSOE defenda a alcaldía “en relación co proxecto de supresión do porto de Viveiro”

Nota de Prensa

Emprázalle a que fale cos veciños, usuarios do porto e comerciantes para que coñeza as súas verdadeiras necesidades e non faga caso da información que lle transmiten desde o equipo de Goberno
Balseiro afirma que Rego está “fóra de onda” cando defende a postura da Alcaldía en relación co porto de Viveiro

* O deputado popular considera un erro que o PSOE converta esta cuestión unha loita partidista e afirma que o mellor sería emprazar a Costas e a Portos de Galicia a acordar unha solución conxunta que de verdade satisfaga os intereses dos viveirenses.

Cervo, 08 de xullo de 2010.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, afirmou que Ismael Rego está “fora de onda” cando defende a postura da Alcaldía en relación co proxecto de supresión do porto de Viveiro e emprázalle a que fale cos veciños, usuarios destas instalacións, representantes do sector pesqueiro e asociación de comerciantes –tal e como fixo o Presidente de Portos de Galicia- para que coñeza as súas verdadeiras necesidades que distan moito -“nada teñen que ver”- coa información que lle transmiten desde o Equipo de Goberno municipal.

O deputado popular explicou que o proxecto que Costas quere desenvolver no espazo comprendido entre a ponte de Misericordia e o porto deportivo pretende impoñerse por parte do Estado pese a que estes terreos non son da súa competencia e non responde axeitadamente as peticións e necesidades dos veciños deste concello. Balseiro está convencido do errado proceder do PSOE que quere converter esta cuestión nunha loita partidista e afirma que sería moito máis correcto e construtivo se emprazara a Costas a negociar con Portos de Galicia e buscar  unha solución axeitada e común que satisfaga todos os intereses e, principalmente, os de os propios veciños de Viveiro.

O deputado popular asegura que en toda esta cuestión é certo que existen intereses persoais e políticos: Persoais, daqueles que traballan para que Viveiro progrese, “non  precisamente desde a Alcaldía” e políticos, “de partidos –como o PP- que se preocupan por facer un bo uso destas instalacións, con espazos e servizos que de verdade satisfagan os intereses das e dos viveirenses”.

Finalmente Balseiro amosou a súa sorpresa porque o Goberno central se empecine en desenvolver en terreos que non son da súa competencia determinadas actuacións mentres que noutros espazos que si son da súa total responsabilidade, como son a maioría das praias da Mariña, non están a executar as actuacións que precisan, e que permitirían corrixir os estragos provocados polas últimas riadas. “Claro que desto, non di nada o señor Rego”-conclúe.

Exit mobile version