Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP interesase polas obras complementarias da A-8 que se están a acometer en Mondoñedo

Nota de Prensa

O PP pedirá a Fomento que aclare qué vai pasar coas obras complementarias da A-8 que se están a acometer en Mondoñedo

* Candia, Iglesias e Gueimunde fixéronse eco da preocupación dos veciños de varias parroquias mindonienses porque se repitan o vindeiro ano os  anegamentos das súas fincas e vivendas como consecuencia das obras da autovía

* Urxen a Fomento explicacións sobre plazos e orzamentos e sobre todo solucións a este problema

Mondoñedo, a 29 de xullo de 2010.- Ó incremento dos retrasos que acumulará a construcción da A-8 debido ó recorte orzamentario aplicado polo Ministerio de Fomento, leva aparellado problemas engadidos no tramo que discurre por Mondoñedo: que vai a pasar agora coas obras complementarias que se estaban a acometer na ladeira do Padornedo e que durante os últimos meses estiveron a provocaron importantes perxuizos os veciños en fincas e en vivendas?

A deputada nacional Olga Iglesias, a senadora María del Carmen Gueimunde e a voceira municipal popular Elena Candia fixéronse esta pregunta durante a visita que fixeron hoxe a algunha das zonas afectadas, facéndose eco da “enorme preocupación e incertidume existente entre os veciños”.

As representantes populares lembraron que a construcción do tramo da A-8 Lourenzá-Mondoñedo viuse afectado polas especias características do terreo, nomeadamente no treito Mondoñedo-Lindín, que obrigou a Fomento a facer un modificiado sobre o proxecto inicial que conleva un incremento orzamentario que, segundo salientaron, neste intre non está “debidamente clarificado”. “Uns problemas”, explicaron, “que na práctica supuxo que os traballos nesta zona estén parados dende agosto do pasado ano”.

As obras da autovía, dada a proliferación de nacementos de auga na zona, obrigaron a alterar os cauces naturais e a construir balsas de auga artificiais que afectaron salientablemente ás parroquias mindonienses de Vilamor, Santiago e O Carme. Víronse especialmente perxudicados os veciños dos núcleos de Vigo, Sampaio, O Reguengo, San Carlos, Ramís e A Fonte que durante estes meses sufriron os inconvintes das obras: imposibilidade de acceder ás súas fincas e mesmo a perda de colleitas por culpa das inundacións que agravaron as obras e que incluso afectaron a algunhas vivendas.

“Os veciños están moi preocupados porque os problemas que tiveron este ano poden repetirse o vindeiro e se as obras seguen paralizadas, pode incluso que a situación se agrave. Máxime se se ten presente que, nesta nova conxuntura, non queda garantizada unha custodia sobre os danos que as obras iniadas poidan causar a partir de agora”, explicaron, o tempo que se preguntaron a quen lle van a reclamar os veciños os danos que poidan sufrir as súas fincas e vivendas cando nin sequera está claro se as empresa constructora vai a seguir eiquí”.

As representantes populares indicaron que “a maiores do mazazo que supón un novo retraso na execución da autovía, está a indefensión na que se atopan os veciños”, por elo anunciaron a presentación de iniciativas no ámbito municipal e nacional para que “Fomento aclare cal é a situación”. “Debe empezar por clarificar se o modificado no proxecto inicial, que leva tamén aparellado un incremento orzamentario importante, está contemplado e asignado realmente e, ó tempo, dar resposta á lóxica preocupación dos veciños afectados”, engadiron.

Exit mobile version