Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide ao alcalde de Viveiro que non sexa un obstáculo para restablecer os servizos do porto deportivo

Nota de Prensa

“Que non eluda a súa responsabilidade”: O voceiro do Mar pide a Roel que explique a súa xestión, discutida incluso polas queixas avaladas coas sinaturas dos usuarios do porto, en vez de facer acusacións sen probas e empregar o insulto.

BALSEIRO EMPRAZA A ROEL A QUE NON SEXA UN OBSTÁCULO NO COMETIDO DE PORTOS PARA RESTABLECER OS SERVICIOS AOS USUARIOS DAS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS

O voceiro do Mar se pregunta por qué  Viveiro,  coa súa alcaldía ao fronte, é o único concello galego no que se están  a atopar este tipo de situacións, e lembra que Roel xa protagonizou unha situación de “confrontación institucional” similar á actual retrasando durante meses os trámites previos á apertura da residencia da terceira idade, “sen importarlle o dano que facía aos veciños”.

A Mariña, 4 de xullo de 2010.-  Jose Manuel Balseiro replica ao rexedor socialista de Viveiro, Melchor Roel, emprazándolle a que non sexa un obstáculo “e polo tanto rectifique de xeito inmediato a súa posición obstrucionista actual”  dirixida a dificultar a pretensión de Portos de Galicia de restablecer os servizos aos usuarios das instalacións náutico recreativas que o propio concello foi incapaz de garantir.

O voceiro do Mar se pregunta por qué  Viveiro,  coa súa alcaldía ao fronte, é o único concello galego no que se están  a atopar este tipo de situacións (que obrigan a Portos de Galicia a retirar unha concesión sobre as instalacións náutico-recreativas) á vez que subliña que esta non é primeira ocasión na que o propio Melchor Roel protagoniza unha posición obstrucionista dificultando a posta en marcha de servizos que positivos para os seus veciños “pois debemos lembrar que fai días a propia secretaria xeral de Familia e Benestar recoñecía que o alcalde vivairense retrasou durante catro meses os trámites previos á apertura da residencia da terceira idade de Viveiro”. Esta claro en opinión de Balseiro, “que este señor emprega a alcaldía para provocar enfrontamentos contra a Xunta e coas administracións e non para defender os intereses dos seus veciños”.

NON ELUDA A SÚA RESPONSABILIDADE

O voceiro do Mar lembra que “si xa é grave” que a administración autonómica se vira na obriga de retirar a concesión sobre o porto deportivo ao Concello de Viveiro, como consecuencia das múltiples irregularidades cometidas polo actual Equipo de Goberno e pola negativa continuada a dar resposta aos distintos requirimentos que se lle estaban a facer, “moito máis preocupante aínda é” que o alcalde poña en marcha unha campaña que so vai en prexuízo dos usuarios do porto, negándolle servizos como o subministro de auga e pretendendo apropiarse ilexitimamente da grúa automotriz.

Ao mesmo tempo Balseiro pide a Roel que “teña a valentía de dar as explicacións debidas” sobre a súa xestión, que é a que se está a discutir “incluso a través das queixas avaladas polas sinaturas dos propios usuarios do porto deportivo”, á vez que demándalle que cese na súa intención de poñer en marcha unha estratexia de acusacións sen probas e de insultos, para eludir as súas responsabilidades

Exit mobile version