Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe que a Xunta lles entregue toda a información do expediente urbanístico de Barreiros

Nota de Prensa

OS SOCIALISTAS ESIXIRAN Á PRESIDENTA DO PARLAMENTO QUE INSTE Á XUNTA A DARNOS TODA A INFORMACIÓN SOLICITADA DO EXPEDIENTE URBANÍSTICO DE BARREIROS

– A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo Mar Barcon advirte que “ningún dos documentos solicitados poden ser considerados confidenciais”, e insiste “e moito menos se pode impedir ao Parlamento e aos seus deputados levar adiante a súa labor de control ao Goberno Autonómico”

– Afirma que “o Goberno de Feijoo tenta tapar cun cortina de fume espesa os acordos que alcanzou no Concello de Barreiros, consciente da alarma xeral creada, e que en moitos casos raian na ilegalidade”

– Dixo que dende o PSdeG-PSOE “seguiremos denunciando a utilización dos investimentos públicos da Xunta para solventar un autentico disparate urbanístico no Concello lucense de Barreiros”

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2010. O Grupo Parlamentario Socialista anunciou que esixira, mediante unha iniciativa parlamentaria, á Presidenta do Parlamento que inste á Xunta a darnos a toda a información solicitada do Expediente Urbanístico de Barreiros. A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo Mar Barcon fixo esta afirmación tras ser denegada a información sobre este asunto ao socialistas galegos.

A portavoz socialista cualifica de “sorprendente” o argumento dado pola Xunta sobre este asunto, xa que a admininistracion autonomica sinalan que esta información “cualificase como información reservada”. Neste punto lembrou que o propio Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda entregou una Cámara Autonómica informes da Asesoría Xurídica en varias das súas comparecencias. E sinala tamén que o propio Feijoo entregou un documento similar para defender o cumprimento da paridade no Goberno da Xunta.

Mar Barcon advirte que “ningún dos documentos solicitados poden ser considerados confidenciais”, e insiste “e moito menos se pode impedir ao Parlamento e aos seus deputados levar adiante a súa labor de control ao Goberno Autonómico”, aseverou.

A portavoz socialista afirma que “o Goberno de Feijoo tenta tapar cun cortina de fume espesa os acordos que alcanzou no Concello de Barreiros, consciente da alarma xeral creada”, e prosigue “e que en moitos casos raian na ilegalidade”, sentenciou

A dirixente socialista dixo que dende o PSdeG-PSOE “seguiremos denunciando a utilización dos investimentos públicos da Xunta para solventar un autentico disparate urbanístico no Concello lucense de Barreiros”, levado adiante por un goberno municipal a do PP. Lembra ademais que o diñeiro publico invertido en Servicios, nesta localidade, tiña que estar posto en marcha polas empresas responsables.

Responsabilidades do PP

Por ultimo aludiu ás responsabilidades de Feijoo neste asunto “non entendemos que dende o PP, a día de hoxe, non se esixan responsabilidades políticas a un Alcalde que esta pendente dos Tribunais de Xustiza, e que puxo en perigos os intereses dos interese dos veciños de Barreiros”, concluíu.

Exit mobile version