Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pide explicacións a ao presidente da Xunta polas “insoportables listas de espera no Hospital da Costa”

Nota de Prensa

REGO PIDE EXPLICACIÓNS A FEIJOO POLAS INSOPORTABLES LISTAS DE ESPERA NO HOSPITAL DA COSTA EN BURELA

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego esixe a inmediata posta en marcha dun plan especifico para afrontar a situación do deterioro da sanidade publica na Mariña

– Di que a situación  é moito mais grave que a publicada polo Goberno de Feijoo, xa que deixa escondida a lista de espera non estructural que aumentou no ultimo ano de xeito escandaloso

– Sinala que a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas situounos de 1º no ranking das esperas sanitarias de todo o sistema sanitario publico de Galicia.

– Lamenta que as listas de espera publicadas veñen a confirmar os peores augurios das denuncias realizadas polo PSdeG-PSOE e os colectivos sociais da zona

Burela , 16 de xullo de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego pide explicacións a Feijoo polas insoportables listas de espera no hospital da Costa. Sinala que no Hospital mariñao hai que esperar 83 días para ser operado, e 94 para consultas.

O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego esixe a inmediata posta en marcha dun plan especifico para afrontar a situación do deterioro da sanidade publica na Mariña. Reclama que se poñan os medios e a organización axeitada para utilizar ao máximo as posibilidades actuais do Centro Hospitalario e do seu cadro de persoal, e tamén poñendo en marcha as actuacións programadas e presupostadas polo anterior Goberno, incluíndo a ampliación.

Di que a situación  é moito mais grave que a publicada polo Goberno de Feijoo, xa que deixa escondida a lista de espera non estructural que aumentou no ultimo ano de xeito escandaloso. Así as cousas esixe ao Director do Hospital de Burela que as faga publicas por respecto aos cidadáns, xa que teñen dereito a coñecer os resultados e consecuencias da xestión dos actuais xestores do Sergas que pagan cos seus impostos .

O deputado socialista lamenta que as listas de espera publicadas veñen a confirmar os peores augurios das denuncias realizadas polo PSdeG-PSOE e os colectivos sociais da zona, xunto cos propios profesionais do centro, sobre o grave deterioro ao que esta sometendo os actuais responsables do Sergas o Hospital da Costa. Di que xa foron capaces de situalos de 1 no ranking das esperas sanitarias de todo o sistema sanitario publico de Galicia.

Afirma que esta situación deriva da estratexia da Conselleira de Sanidade de descapatizacion do Centro Hospitalario. Xa que asegura que recorta os orzamentos para o seu funcionamento, paralizando as inversións e actuacións polo anterior Goberno, entre as que se atopaban a reforma dalgúns servicios como o de xinecoloxía, e a propia ampliación do centro hospitalario para que xa había redactado o preceptivo Plan funcional.

Advirte que os cidadáns da Mariña acabaran revelándose contra este insoportable ataque a un dos seus dereitos fundamentais “como é o de poder contar cun atención sanitaria publica de calidade”, xa que sinala que “os mariñaos non permitiran estratexias persoais en favor da sanidade privada, para que se impoñan por enriba dos seus dereitos”, concluíu.

Exit mobile version