Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama explicacións no Parlamento sobre a actuación da Consellería do Mar no incendio de Burela

NOTA DE PRENSA:
REGO RECLAMA EXPLICACIÓNS NO PARLAMENTO SOBRE OPERATIVO POSTO EN MARCHA POLA CONSELLERIA DO MAR , NO INCENDIO QUE AFECTOU AO PORTO DE BURELA

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego tamén quere coñecer que iniciativas propuxo á Conselleira do Mar para recuperar a normalidade na lonxa.

– Interpelara ao Goberno de Feijoo para saber si considera suficientes os medios cos que conta a Mariña de Lugo para facer fronte a este tipo de sinistros, e nomeadamente nas instalacións portuarias.

Burela , 23 de xullo de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou que rexistrara diversas iniciativas na Cámara Autonómica, na que reclama explicacións sobre o operativo empregado pola Consellería do Mar, no incendiou que afectou ás naves da asociación portuaria de pescadores de Burela.

O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego tamén quere coñecer que iniciativas propuxo á Conselleira do Mar para recuperar a normalidade na lonxa.

Tamén interpelara ao Goberno de Feijoo para coñecer a súa opinión sobre si considera suficientes os medios cos que conta a Mariña de Lugo para facer fronte a este tipo de sinistros, e nomeadamente nas instalacións portuarias.

Exit mobile version