Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado celebrase en Burela a terceira proba do campionato galego de motonáutica

BURELA (FNC) .- Burela acollerá a vindeira fin de semana a terceira proba do campionato galego de motonáutica, evento que se aprazou no mes de xuño como consecuencia das chuvias e das inundacións que sofriu a vila.

O sábado 31 de xullo celebrarase na praia do Portelo dita proba. A edil socialista, Remedios López, asegura que “segue a apostar por estes eventos nos que o nome de Burela recorre toda Galicia. Éste é o terceiro ano consecutivo que se organiza a proba en Burela que ten unha grande expectación  na poboación  pola afección que hai a este deporte”. Este acto  estará supervisado polos xuíces e pilotos da Federación Galega de Motonáutica. As etapas celebradas con anterioridade á que acollerá Burela realizáronse a pesares das duras condicións do mar e metereolóxicas, segundo a concelleira de Mar, “o circuito foi duro, con moito mar de fondo só apto para profesionais e onde se viu a destreza dos pilotos”. Nesta ocasión en Burela haberá tres categorías, unha mais que o ano anterior, JET SKI FI 2-4T, RUNABOUT F1 2-4T e RUNABOUT STOCK F2 2-4T PROMOCIÓN. Remedios López lembra que “como nas edicións anteriores cerrarase a praia ao público por motivos de seguridade  e durante todo o día haberá probas e exhibicións. Destaca a participación de pilotos tan importantes como Arturo Campos, Manuel Osorio, Alberto Martínez e Xoel Lago”.

O campionato comezará  as 17 horas con tres mangas en cada  modalidade de motos de auga Maxi, Jet SKI e Runabout Promoción, cun número de participantes de 25 a 30. Durante toda a mañá haberá probas de quentamento,  adestramentos oficiais e mangas clasificatorias que farán disfrutar deste deporte ao longo de todo o día. A edil de Mar convida “a todo o mundo a que se acerque ata a praia do Portelo para disfrutar deste espectáculo gratuíto, que é un  importante evento deportivo no que o nome de Burela figurará  ao longo das distintas probas que de desenvolverán por toda Galicia. Darlle as grazas ás distintas entidades que colaboran e fan posible que este tipo de eventos funcione: Clube Náutico de Burela, Protección Civil, Cruz Vermella e Policía Local de Burela”.

Exit mobile version