Site icon Crónica3.com A Mariña

O voceiro adxunto do PP asegura que o delegado de Cultura e Deportes da Deputación non sabe asumir críticas

Nota de Prensa

González Barcia: “Veiga e o BNG non asumen as críticas”

* O voceiro adxunto dos populares na Deputación reitera que a Comisión de Festas de Burela recibirá  cen euros de subvención

* Barcia asegura que Veiga tén dúas persoas pagadas pola Deputación que lle fan o traballo

Lugo, a 16 de xullo de 2010.- O voceiro adxunto do Grupo Provincial Popular afirmou hoxe que “Antonio Veiga e o BNG non saben asumir as críticas e non son capaces de recoñecer as cousas que poden facer mal. O certo é que a comisión de festas patronais de Burela vai recibir cen euros de subvención da Deputación, o que non chega nin para os propios gastos de tramitación da subvención, algo que se pode e se debe correxir”.

Barcia indicou que na mesa de valoración celebrada o venres pasado “eu manifestei que non consideraba normal que se deran subvencións de cen euros, e que se ese ía ser o importe, era mellor non dalas; non se pode tentar xustificar a decisión dicindo que agora reciben todos, cando o que reciben é unha limosna que exemplifica o carácter clientelar e caciquil do reparto de subvencións do BNG”.

“Resulta algo ridículo”, asegura Barcia, “que o BNG da Deputación actúe coma o BNG de Burela cando se trata de contrarrestar as críticas e aluda o meu salario cando resulta que é o mesmo co do Sr. Veiga. E ainda resulta máis preocupante que o diga Veiga, porque os tres membros do BNG na Deputación cústanlle a todos os lucenses un total de 165.000 euros anuais: cobran os tres, e por riba piden que desaparezan as deputacións”. Engade que na zona de A Mariña hai dous afiliados do BNG, persoal eventual da Deputación, “que nos custan ó ano 57.500 euros e que ademais non aparecen pola Deputación, porque un deles non se move de Ribadeo, e o outro, concelleiro do BNG en Cervo, traballa na sede do BNG en Foz”.

“Estas dúas persoas están adscritas orgánicamente ó Sr. Veiga, e suponse que será para que lle fagan o traballo; se é así, o Sr. Veiga deberá decirnos a todos os cidadáns cal é o motivo de que el cobre tanto. En cambio eu non teño a ningún persoal eventual adscrito á miña persoa, así que non me queda outra que facer eu mesmo o meu propio traballo”, engadiu.

Finalmente, Barcia pediulle a Veiga que non aproveito o seu posto na Deputación para facer oposición da oposición, “algo que fai moi mal, copiando os esquemas do BNG de Burela. O que tén que facer Veiga é racionalizar as subvencións e facer que se lle paguen ós colectivos en tempo e non con retraso”.

Exit mobile version