Site icon Crónica3.com A Mariña

Os chinos contentos polo da roxa

Segundo un estudo que publicou a revista TIEMPO, o Produto Interior Bruto (PIB) do país que conseguiu vencer o mundial de fútbol podería incrementarse nun 0,7% grazas á  influencia positiva que tería a noticia, xa que elevaría a confianza da poboación e, en consecuencia, tamén o consumo.

Algúns crédulos e animosos perden o xuízo. Para empezar, o mesmo díxose respecto da Eurocopa. Creceu o PIB entón?. Evidentemente o Mundial ten maior magnitude, pero dubido moito que sexa capaz de rascar máis dun par de décimas vía turismo e algo de consumo, e iso sendo moi “animoso”. Non é casualidade que esta noticia aireárona a mesma clase de pseudoeconomísticos animosos, que cren que a economía responde fundamentalmente a estados de ánimo. E aínda que sexa verdade que hai unha correlación entre gañar o mundial e que o PIB medre , creo que aquí se pasou por alto a contorna mundial. Non estamos en tempos de expansión económica, e os brotes da “recuperación”  marchitanse sen piedade.

Con estes indicadores así, como collóns se pretende ou se pode crer, que un evento deportivo poderá ter repercusión positiva na economía, máis aló dalgúns miles de guiris que visiten España. Crer que levantar a copa poderá darnos un 0,7 no PIB, é vivir noutra dimensión, noutra realidade,.

E ademais tendo en conta que o que se vía na rúa os cartos que se moveron foron para camisetas e bandeiras roxo e gualda por si non o sabiades as camisetas da ROXA patriótica e pandereteira fanse no 90% en China e as Bandeiras no 100% así que quen estarán contentos son os chinos de Xangai e quizabes alí si que se notara na súa economía, tamén os Escoceses venderon mais wisky e os mexicanos e irlandeses máis cervexa.

Dar a opinións coma se foses un oráculo é absolutamente ridículo. Ser economista non consiste nisto, señores. Iso é rebaixar a profesión que xa esta bastante desprestixiada a unha especie de quiromante -de charlatán- da economía.

Otero Regal

Exit mobile version