Site icon Crónica3.com A Mariña

Otero Regal leva a Foz a exposición “Gernika, guerra e paz” de dona un mural para o CENIMA

FOZ .- O ceramista Alfonso Otero Regal donou un mural ao pobo de Foz e leva a exposición “Gernika, guerra e paz” da  Galería Regal Xunqueira ao Centro de Interpretación da Mariña.

NOTA DE PRENSA

CENTRO DE INTERPRETACION DA MARIÑA (CENIMA),

COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA

Ten o pracer de invitar a Vde. á inauguración da exposición

O martes 20 de xullo, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), ás  20:00 h., o concello de Foz e o seu alcalde, D. José María García Rivera, queren facer unha invitación aberta á presentación oficial do mural donado polo recoñecido ceramista Otero Regal ás xentes de Foz, e á inauguración  da exposición “Gernika, guerra e paz”, cedida temporalmente pola Galería Regal-Xunqueira, e que poderá ser visitada nas instalacións do CENIMA ó longo dos vindeiros meses.

PROGRAMA DE ACTOS:

Explicación do mural por parte do autor.

Proxección do audiovisual incluido dentro da exposición “Guernika, guerra e paz”

Otero Regal realizará unha visita guiada da exposición para todos os asistentes á inauguración.

Exit mobile version