Site icon Crónica3.com A Mariña

Represión en Compostela contra sindicatos, asociación de veciños e plataformas en defensa da sanidade

SANTIAGO .- As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública concentráronse en Compostela na presentación do Plan Estratéxico de Sanidade. Acudiron as plataformas de Ferrol, A Mariña, O Barco de Valedoras, Monforte e Vigo, así como dos sindicatos CIG, CC.OO e da Confederación de Veciños de Galicia(COGAVE). A plataforma mariñá denuncia a actitude represiva das forzas do orde contra unha concentración pacífica

Nota de Prensa

As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública concentráronse en Compostela na presentación do Plan Estratéxico de Sanidade

A plataforma mariñá denuncia os a actitude represiva das forzas do orde contra unha concentración pacífica

Representantes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, A Mariña, O Barco de Valedoras, Monforte e Vigo, así como dos sindicatos CIG, CC.OO e da Confederación de Veciños de Galicia(COGAVE), realizaron unha concentración á entrada do acto de propaganda institucional da Consellaría de Sanidade no que presentou o Plan Estratégico de Sanidade que pretende consolidar a estrategia de deterioración e privatización do sistema sanitario en Galiza.

Os e as representantes das plataformas, en nome de millerios de persoas que se manifestaron en toda Galiza, mostraron o seu malestar á Xerente do SERGAS, Rocio Mosquera, á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas e ao Presidente da Xunta,  Alberto Núñez Feijoo, que deberon acceder ao acto entre as pancartas de rexeitamento á política de deterioración do sistema sanitario denunciado polas Plataformas Sanitarias.

A pesar do carácter pacífico da e plenamente democrático do acto de protesta, a policía recibiu ordes de retitrar as pancartas da entrada do Pazo de Congresos de Compostela, onde se desenvolvía o acto, polo que se protagonizaron momentos de tensión ao forcejear cos manifestantes. Dende a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, mostraron o seu rexeitamento á violencia gratuíta despregada polas forzas do orde contra unha concentración pacífica.

A Plataforma Sanitaria da Mariña tamén quixo reiterar As Plataformas Sanitarias do conxunto do país que manterá tódolas convocatorias de mobilizacións até que cese esta política de deterioro do sistema sanitario público que está a promover a administración galega.

Exit mobile version