Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo conta cun informe xurídico que confirma a aprobación dos orzamentos de 2010

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que o Concello conta con informes xurídicos que confirman que os orzamentos municipais de 2010 están aprobados definitivamente. O rexedor acusa ao PSOE de querer desgastar ao goberno municipal.

Suárez Barcia referíuse hoxe “a esta teima particular que mantén o PSOE local por boca dos seus membros na Corporación, singularmente o señor Pérez Vacas e Ramón López, que están continuamente tentando desgastar ao goberno municipal, algo lóxico sendo oposición como son, pero ás veces é ilóxico con todo o argumentario que eles ofrecen”.

O alcalde manifestou que “agora voltan coa aprobación definitiva do presuposto municipal, sacan a relucir un suposto informe do secretario no que di que esta aprobación non é así e que pode ser ilegal. Eu debo dicir que se seguiu a tramitación habitual na aprobación dun presuposto e nunca na historia deste Concello o secretario informou sobre a publicación dun edicto nin do presuposto nin doutra materia. Ademáis nese informe do secretario ao que alude o concelleiro do PSOE recoñécese que non existe norma expresa que obrigue á emisión de informes sobre este asunto”.

Fernando Suárez suliñou que “a publicación da aprobación definitiva do presuposto despois de ser sometido a unha cuestión de confianza non é unha publicación clandestina, sabíase e a interventora municipal comentóuno cos servizos administrativos e sí houbo asesoramente tanto verbal, previo de xuristas doutros Concellos de maior entidade que o de Ribadeo e incluso por escrito, de feito eu pedín, atendendo aos criterios do propio informe de secretaría un ao gabinete de asistencia xurídica aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo e di claramente que si alguén quere recurrir ten que facelo a través da vía contencioso administrativa e incluso expresa que na meirande parte dos Concellos a aprobación polo transcurso do tempo despois dunha cuestión de confianza derívase definitiva aínda que tamén di que algún hai que o entende inicial”.

O rexedor ribadense engadiu que “tamén temos outros informes xurídicos e por escrito que obran en poder do Concello e que nos din que absolutamente a aprobación é definitiva e nós o que fixemos neste humilde Concello de Ribadeo foi seguir a liña de actuación clamorosamente maioritaria que se da nos Concellos que se someten a unha cuestión de confianza e enténdese aprobado definitivamente si no transcurso dun mes desde que o alcalde perde a cuestión de confianza non hai unha maioría absoluta de número legal de membros da Corporación que elixen outro alcalde”.

Fernando Suárez considera que “unha vez máis o PSOE local xoga a desgastar ao goberno municipal mentras que nós, pola contra, o que queremos é gobernar para todos e gobernar con presupostos e non só para pagar nóminas e recibos da luz. Nós queremos ter un presuposto definitivamente aprobado para operar con él e para nunha situación económica complicada, coma a que nos toca vivir a todos e o Concello non é alleo a esta situación. O que queremos é ter todos os instrumentos legais de dereiro á nosa disposición e aplicámolos aínda que non lles guste aos señores do PSOE”.

Exit mobile version