Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contrata outros catro peóns socorristas para traballar nas praias

RIBADEO (FNC) .- . O Concello contrata a catro peóns socorristas pola modalidade de obra ou servizo determinado-interese social ata como máximo o 30 de setembro. Entre os requisitos específicos que se esixen figuran estar en posesión do título de Graduado Escolar, Graduado en ESO, título equivalente ou superior. Ademais os interesados deberán estar en posesión do título oficial de socorrista coa renovación anual da licencia. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta e os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados.

A documentación poderá presentarse no rexistro xeral de entrada ata as 14 horas do vindeiro 6 de xullo e as probas de selección serán o 8 de xullo ás 10 da mañá na piscina municipal e na Casa do Concello.

Os catro socorristas seleccionados uniranse aos 10 que xa desde hoxe están a traballar nos areais ribadenses.

Exit mobile version