Site icon Crónica3.com A Mariña

Según o BNG, Cultura e Deportes da Deputación aporta mais de 30 mil euros para actividades e actuacións en Cervo

Nota de Prensa

A ÁREA DE CULTURA E DEPORTES DA DEPUTACIÓN APOIA CON MAIS DE 30.000 EUROS A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS CULTURAIS EN CERVO

A Xunta de goberno da Deputación aprobou as axudas a entidades e concello que se suman ao apoio a asociacións que solicitaron a presenza de grupos tradicionais de apoio a diferentes festas

Todas as solicitudes foron atendidas coa excepción de unha que presentou a documentación fora de prazo

Cervo, 29 de xullo de 2010. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou as axudas a entidades e concello na anualidade 2010. O importe total das axudas concedidas suma 30.200 euros, 25.000 para asociacións e 5.200 na orde destinada aos concellos da provincia de Lugo. Un ano mais a área de Cultura e Deportes xestionada polo nacionalista, Antonio Veiga, apoia os programas de actividades culturais desenvoltos por asociacións do eido da cultura en Cervo e tamén as solicitudes presentadas polo concello de Cervo. A estas axudas débese sumar o respaldo a outras presentadas no programa de apoio a festas asinado entre a Área de Cultura, Caixa Galicia e agrupacións de música tradicional, música coral e bandas que permiten a ampliación dos programas de actividades en diferentes festas do concello.

As asociacións que desenvolven traballo cultural presentaron once solicitudes, cinco menos que o ano pasado e houbo dúas mais que foron denegadas por presentarse fora de prazo

Todas as entidades que presentaron solicitudes nas modalidades de actividade anual e eventos foron atendidas coa excepción de dúas solicitudes dunha mesma asociación que presentou a documentación fora de prazo. En total houbo 11 solicitudes presentadas en prazo, sete para actividade cultural anual e catro para eventos puntuais que suporán un desembolso  por parte da Área de Cultura e Deportes de 25.000 euros, unha vez sexan xustificadas. O BNG de Cervo por mediación do seu Responsábel Local, Ramón Luís Bernardo Insua, sinalou que “aínda habendo menos solicitudes con respecto a 2009, non e menor o investimento e o apoio da Área de Cultura da Deputación ao asociacionismo cultural cervense”.

Ao apoio na orde de axudas para actividade culturais hai que sumar a presenza de grupos de gaitas en diferentes eventos festivos.

O Responsábel Local nacionalista engadiu a presenza de grupos de gaitas e bandas musicais que reforzaron e reforzarán co financiamento da área de Cultura da Deputación eventos festivos como a Festa do Carme e Maruxaina e Festa do Turista en San Cibrao, e as festas do 25 de xullo en Sargadelos, “todas atendidas tal como pediron dende as asociacións organizadoras”

O concello tamén recibe axudas nas modalidades de actividades culturais e investimentos por 5.200 euros.

Bernardo Insua tamén fixo mención ás axudas aprobadas para o concello de Cervo que solicitou na modalidade de Actividades Culturais, recibindo unha axuda de 1.200 euros e para Investimentos na que solicitou unha axuda para “actuacións na Casa da Cultura de San Cibrao”, na que recibiu unha axuda de 4000 euros.

Exit mobile version