Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha cisterna que transportaba gas argón e un camión de reparto de carne chocaron na N-634 en Barreiros

BARREIROS (FNC) .- A estrada N-634  cortouse ao tráfico ao seu paso pola zona de Pozomouro en Barreiros e quedará aberta sobre as oito da tarde segundo os datos que manexa o alcalde, Alfonso Fuente. Alí no kilómetro 572 producíase unha colisión ás doce menos cuarto da mañá entre dous camións, unha cisterna que transportaba gas argón e un vehículo de reparto do matadoiro de Mondoñedo. Os dous conductores que resultaron feridos xa foron trasladados ao Hospital da Costa en Burela, segundo ven de informar o alcalde barreirense.

Alfonso Fuente que se desprazou ao lugar do sinistro dixo que se atopou “cunha cisterna volcada que está a perder pola válvula de seguridade gas argón, xa me informaron que non é inflamable, pero sí que quita osíxeno e pode chegar a ser asfixiante. Non hai unha corriente de líquido porque se evaporiza tan pronto sae e agora mesmo están procedendo xa tanto a motobomba de Barreiros e os camións de Cervo e de Ribadeo a enfriar a zona”. Está coordinando as operacións o director da Axencia Galega de Seguridade “que se atopaba de vacacións pola zona”, seguiu a relatar o alcalde que tamén contou que “estiveron excarcelando a unha persoa dun camión, ían xa os dous camiño de Burela, un deles iba consciente e outro non, pero farán a valoración correspondente no hospital”.

Exit mobile version