Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Lourenzá organizarán as festas patronais co apoio do concello

LOURENZÁ .- Veciños de Lourenzá formaron unha comisión para as festas patronais, que nos últimos dous anos asumiu concello.  A concelleira de Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, cualifica de salientable o feito de que sexa a iniciativa veciñal a que retome a organización .

Nota de Prensa

En días pasados, dende esta Concellería e a Alcaldía, vimos de reunirnos cun grupo de veciños que manifestan a súa vontade de constituirse como comisión de festas e facerse cargo das Festas Patronais Conde Santo 2010, que se celebrarán na última fin de semana de agosto, como manda a tradición.
O feito é destacable, xa que, nos últimos dous anos (2008 e 2009), foi o Concello o que asumiu tal tarefa ante a inexistencia de comisión veciñal; parécenos por tanto salientable o feito de que se retome a iniciativa veciñal, como mostra do seu interese nas festas patronais.
Dende o Concello ofreceráselles a máxima colaboración aos integrantes da mencionada comisión de festas, facilitándolles unha serie de actividades lúdicas e culturais que enriquecerán o programa das festas. Aproveitamos, tamén, para pedir a colaboración veciñal cos membros da comisión, que está formada por: Diego Rego, José Cuba e José Ángel Rodríguez (aos que é probable que se sumen otros veciños colaboradores nas tarefas propias da Comisión).

Exit mobile version