Site icon Crónica3.com A Mariña

50 nenos e nenas poderán participar nun campamento urbano de sostibilidade en Ribadeo

Nota de Prensa

XA ESTÁ  ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO CAMPAMENTO URBÁN DE SOSTIBILIDADE QUE DARÁ COMEZO EN RIBADEO O VINDEIRO 30 DE AGOSTO.

Ribadeo, 17 de agosto de 2010. Xa está aberto o prazo de inscrición para o campamento urbán de participación e sostibilidade que dará comezo en Ribadeo o vindeiro 30 de agosto.

Segundo informa a Delegación de Medio Ambiente “a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe organiza este campamento temático orientado nas liñas do desenvolvemento sostible, da integración interxeracional e da participación cidadá. Nesta cita 50 cativos, con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, aprenderán conceptos de interpretación de paisaxe, compartirán actividades cos maiores no centro de día, aprenderán a facer xoguetes con materiais de refugallo, analizarán unha zona recreativa para propoñer melloras ao Concello e participarán nun mercadiño de troco e nun taller de consumo responsable”.

O campamento, que será  o último dos organizados este verán pola Dirección Xeral nos diferentes núcleos de sostibilidade, terá por escenario o CEIP Gregorio Sanz. Comezará o 30 de agosto e rematará o 3 de setembro, en horario de 10 a 14 horas. O prazo de inscrición xa está aberto e as 50 prazas cubriránse por orde de solicitude na Axencia Local de Sostibilidade. Desde a Delegación de Medio Ambiente pregan “o emprego para a inscrición do correo electrónico, no enderezo sostibilidade@ribadeo.org

Exit mobile version