Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación reduce nun 65% a contratación externa do Parque Móbil e aforra máis de 1,1 millóns de euros

LUGO .- O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, adiantou este venres que a Deputación reduce nun 65% a contratación externa do Parque Móbil pasando dos 56 vehículos alugados ós 19, e aforrando máis de 1,1 millóns de euros, exactamente 1.111.616 de euros. Gato Soengas subliñou que “o vindeiro mes de outubro rescindirá o contrato de arrendamento que herdamos da anterior corporación provincial, e que supoñía un desenvolso de máis de 1,4 millóns de euros é dicir, o Partido Popular despilfarraba máis de 240 millóns de pesetas. Ante o fin deste contrato, a Deputación consegue racionalizar totalmente o Parque móvil”.

O Deputado destacou que a Xunta de Goberno aprobou sustituir estes 56 coches por 19. Deste xeito, Gato Soengas subliñou que “aprobamos unha contratación moi ventaxosa porque: reducimos o número de coches alugados; aforramos 1,1 millóns de euros ó investir nesta actuación preto de 349.000 euros fronte ó 1,4 millóns de euros do documento do PP. Ademais, acometemos un arrendamento financieiro que permitirá, por un lado que estes vehículos pasen a ser propiedade da Deputación en 4 anos, e por outro rematar co doble despilfarro da anterior corporación provincial que durante anos pagou coches que nunca chegaron a ser desta institución”.

Reorientación do Parque Móbil

A Deputación asinou en setembro de 2006 un contrato de aluguer de 47 vehículos cun custe de 1,2 millóns de euros. Este documento foi modificado en tres ocasións: en abril de 2007 coa adquisión de 4 novos turismos por valor de 145.000 euros; en maio dese mesmo ano co incremento doutros 4 vehículos cun custe de 62.285 euros; e un mes máis tarde, en xuño, co aluguer dun coche que supuxo un desenvolso 35.944 euros.

Antonio Gato indicou que “cando este equipo de Goberno chegou a Deputación, atopámonos cun contrato de aluger de 56 coches cun custe de 1.460.356 euros. Ante esta situación, fomos reorientando o Parque Móbil”. O organismo provincial levou a cabo as seguintes devolucións: 13 coches en decembro de 2007 aforrando 323.163 euros; 5 en outubro de 2008 que conlevaron un aforro de 62.700 euros; e 1 en setembro de 2009 co que se logrou aforrar outros 5.740 euros.

“Auténtica austeridade”

Os 19 novos vehículos que alugará a Deputación serán para uso do persoal de vixianza dos 4.000 quilómetros que integran a rede viaria provincial. Trátanse dos traballadores encargados de controlar o estado dos viais da Deputación, así como de alertar e actuar ante calquera adversidade, por exemplo a borrasca Doris que azotou a Mariña no mes de xuño. O voceiro provincial socialista subliñou que “esta si é unha medida de auténtica austeridade xa que, por un lado reducimos custes, e por outro mantemos os servizos ós cidadáns”.

Os turismos serán de 3 portas, diésel e contarán cunha potencia de entre 70 e 80 cabalos, “o suficiente para atender ás incidencias nas nosas estradas e velar pola seguridade dos veciños”. Neste senso, Gato Soengas destacou que “a nosa forma de facer política non ten nada que ver coa do PP xa que, mentras a anterior corporación provincial usaba os coches do Parque Móbil ó seu antoxo e ó dos seus amigos, nós convertémos este departamento nun servizo en beneficio dos veciños da provincia”.

Da mesma forma, explicou que no ente provincia toda persoa que necesita un vehículo ten que poñerse en contacto co Xefe de Servizo para solicitalo, e rexistrar o uso que fai del. “Nesta institución xa non hai coches exclusivos xa que se fai uso deles segundo a súa dispoñibilidade” sentenciou.

REDUCIÓN DA CONTRATACIÓN EXTERNA DO PARQUE MÓBIL NUN 65%  E AFORRO DE 1,1 MILLÓNS DE EUROS

Setembro 2006 Contratación de 47 vehículos Gasto de 1.218.000,00 €
Abril 2007 Contratación de 4 vehículos Gasto de 144.076,00 €
Maio 2007 Contratación de 4 vehículos Gasto de 62.286,00 €
Xuño 2007 Contratación de 1 vehículo Gasto de 35.944,00 €
Decembro 2007 Devolución de 13 vehículos Aforro de 323.163,00 €
Outubro 2008 Devolución de 5 vehículos Aforro de 62.700,00 €
Setembro 2009 Devolución de 1 vehículo Aforro de 5.740,00 €
Outubro 2010 Rescisión contrato 2006, devolución de todos os vehículos e arrendamento financieiro

(en 4 anos serán directamente propiedade da Deputación de Lugo)

Aforro de 1.111.616,00 €

RESUMO

Ano 2007 56 vehículos Reducción nun 65%
Ano 2010 19 vehículos
Exit mobile version