Site icon Crónica3.com A Mariña

A mostra “100 anos de Luís Seoane” con 40 obras pode verse no complexo cultural RegalXunqueira

VIVEIRO .- RegalXunqueira rende homenaxe a Luís Seoane coincidindo co centenario do seu nacemento con a mostra “100 anos de Luís Seoane”, que inclúe 40 obras , propiedade unha parte propiedade do Centro cultural e outras pezas cedidas para a ocasión por diversas coleccións privadas. O acto terá lugar o venres,  6 de Agosto ás 20 horas no auditorio e sala de exposicións do Complexo CulturalRegal Xunqueira. Proxectaranse os documentais:  “Os tentáculos dos anxos” (Iconografía da obra de Luís Seoane) e “Luís Seoane, Visualidade, Recordo e Síntese”.

Nota de Prensa

COMUNICADO DE PRENSA

COMPLEXO CULTURAL
REGALXUNQUEIRA

Curva de Xunqueira-Viveiro.

Camiño Real, 127 – Xunqueira

27850 Viveiro (Lugo)

Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06

ceramica@oteroregal.com

www.oteroregal.com

Ten o pracer de invitar a Vde. á inauguración da exposición

100 ANOS DE LUIS SEOANE

REGAL XUNQUEIRA, rende homenaxe a Luís Seoane coincidindo co centenario do seu nacemento con a móstra “100 anos de Luís Seoane”, que incluie 40 obras , propiedade unha parte propiedade do Centro cultural e outras pezas cedidas para a ocasión por diversas coleccións privadas (Santiago Borrazas, Novo e Ribeira).
Trátase na súa maioría de gravados (carteis, serigrafías e xilografías, libros e ilustracions realizadas entre 1944 e 1979). A obra de Seoane é unha simbiose entre o afán por evocar a arte tradicional de Galicia, manifestada a través dos petróglifos e da enorme presenza do románico, e a arte das vangardas históricas, admiradas polo pintor galego xa desde a súa etapa como estudante de Dereito en Santiago de Compostela.
Luís Seoane foi autodidacta na súa aprendizaxe plástica, a súa curiosidade e admiración pola Galicia dos seus antepasados e pola arte en xeral foron os motores do seu coñecemento. A súa estética marcará un antes e un despois na historia das artes plásticas en Galicia. Tanto a cultura arxentina como a galega constituíron o impulso da súa diversa e extensa produción.

Acto que terá lugar o vindeiro venrres,  6 de Agosto ás 20 horas no auditorio e Sala de Exposicións do Complexo Cultural  REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO.

Proxectaranse os documentais:  “Os tentáculos dos anxos” ( Iconografía da obra de Luis Seoane) e “Luis Seoane, Visualidade, Recordo e Síntese”

Sirvirase un viño e algo de comer.

Luis Seoane

Pintor, gravador, muralista, ceramista e poeta. Naceu en Bos Aires, o 1 de xuño de 1910. Aos 6 anos de idade, chegou a Arzúa, Galicia, lugar dos seus antepasados. Licenciouse en Dereito en 1934. Paralelamente á súa formación universitaria, iniciou os seus estudos en gravado e pintura realizando a súa primeira exposición en 1929. Comprometido coa realidade político-social de Galicia, participou intensamente na vida cultural da época, converténdose xunto con outros artistas, nun motor de renovación plástica. A peripecia vital e intelectual de Luís Seoane non supón tanto o esforzo de levar a cabo unha obra ampla e coherente, como a vontade de devolverlle á plástica e ao pensamento galego a dignidade perdida polos anos de illamento e atraso: unha creatividade apaixonadamente comprometida co seu tempo.

A vida de Luís Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979) foi unha longa viaxe a través do século XX. Formado durante a ditadura de Curmán de Rivera, loitador nos anos da República, fuxido en 1936, organizador e promotor da vida cultural no exilio, viaxeiro polo mundo e atento aos múltiples discursos que ía xerando a súa época, Seoane foi testemuña de excepción deste século axitado e convulso. A súa obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama da cultura galega e española do século XX, que axudou a construír co seu esforzo, o seu talento e o seu compromiso.

A SUA OBRA
Primeira etapa: influencia do expresionismo alemán (Grosz, Otto Dix), os estudos de Lissitstzky, a metodoloxía da Bauhaus e, en maior medida, do traballo de Pablo Picasso. Entre as súas primeiras obras destacan os seus espidos femininos e os retratos de campesiños no medio da paisaxe dunha Galicia utópica.

A finais dos 40 a súa obra evolucionará cara a unha pintura na que o escenario xa non ten o protagonismo doutrora e no que se reduce o sentido da profundidade. A representación ilusoria de tridimensionalidade  cedeu paso a outras propostas compositivas. Seoane aplanou  o espazo, esquematizó as figuras e deixou de perseguir o sentido de profundidade, dotando á súa obra dunha inmensa forza sintética.

Nos 50 abandoou a paleta de terras e grises, e inclinouse cara ao uso de tinguiduras saturadas, por considerar á cor como elemento plástico autónomo. As pinturas dos anos cincuenta presentan figuras de rexia estrutura e forte estatismo e monumentalidade

Os descubrimentos técnicos que lle proporcionan a realización de ……levaranlle ao redor dos anos sesenta a expresarse por medio dunha pintura plana de fortes contrastes de cor e dun grafismo que se superpón  á obra pictórica, liñas e planos de cor relaciónanse entre si. cargando a súa obra de gran forza sintética, levándoa cara a unha deconstrucción da imaxe que suporá o cenit da súa etapa de madurez. Seoane reproduce representacións humanas, tema esencial da súa obra, hieráticas e que se reducen a esquemas figurativos, de contido simbólico, de enorme poder de suxestión.

EIXOS TEMATICOS
A muller é un gran eixo temático dentro da súa produción. Seoane rendeu homenaxe á figura feminina e reivindicou o seu rol tanto no campo laboral como familiar. A muller sentada é un motivo habitualmente visto nas construccións románicas de Galicia e ao cal o artista recorreu continuamente reelaborándoo.

“O ARTISTA E A MEMORIA DO POBO”
“En cada país existe unha realidade simbólica que se manifesta de moitos modos e que se herda. Trátase de signos e formas que vencen ao tempo e pasan dun a outro estilo. A arte dun pobo, sen querelo, actúa de axente transmisor. Esas formas e signos orixinan á súa vez outras novas, ocorre probablemente como cos contos populares e as lendas. O futuro está condicionado ao aproveitamento que fagamos hoxe con ideas do noso tempo daquilo que herdamos.” O artista nunca se abstrae da realidade histórica en que vive. O pobo é país e vive fatalmente o seu tempo. Non pode escapar a leste.?
?A arte sempre está comprometido coa sociedade en que se desenvolve (?) o tema non pode ser anécdota circunstancial, senón reflexo dun sentimento universal que alcance a todos homes, tal é o caso de ?Os desastres da guerra? (…) O arte non soluciona nunca nada; o que fai é amosar  as cousas, descubrilas, ensinalas na súa particularidade e fondura aos homes.?

Exit mobile version