Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña barcelonista de San Miguel de Reinante en Barreiros organiza o IV Torneo de Basket 3×3

BARREIROS .- O día 14 de agosto, na pista deportiva situada a carón da igrexa parroquial de San Miguel de Reinante, A peña barcelonista de San Miguel, organiza o IV Torneo de Basket 3×3. A inscrición é gratuíta e o número de inscritos por equipo será ilimitado, tendo en conta que só poden xogar 3 ó mesmo tempo.

Nota de Prensa

BASKET 3*3 EN SAN MIGUEL DE REINANTE
A peña barcelonista San Miguel, organiza un torneo de basket 3*3.
Nesta ocasión chégase á 4ª edición, que se celebrará o vindeiro 14 de agosto, a partir das 11.00 h.
Terá lugar na pista deportiva situada a carón da igrexa parroquial de San Miguel de Reinante (Lugo).
A inscripición é gratuita e o número de inscritos por equipo será ilimitado, tendo en conta que só poden xogar 3 ó mesmo tempo.
A participación está aberta ós afeccionados ó deporte en xeral, pretendendo dende a peña, pasar unha mañá de sábado cun bo ambiente deportivo.
Para máis información, pódense dirixir ó teléfono 649 57 13 60, preguntando por Jose.
Con este torneo a peña ponse en marcha nesta temporada 2.010-2.011, na que se celebrará tamén un maratón de fútbol 7 de peñas barcelonista, 3 viaxes para ir ver en directo o FC Barcelona, posible asistencia á Trobada Mundial de Peñas Barcelonistas, a celebrarse en San Sebastián, 2 ceas, charlas, reunións para ve-los partidos por tv e moitas máis actividades que irán surxindo ó longo do ano.
Para facerse socio, ou solicitar máis información sobre o funcionamento da Peña, pódense dirixir a Jose – 649 57 13 60. Por unha cota anual de 36,00 € poden pertencer a esta familia e disfrutar dun gran ambiente de cordialidade e barcelonismo.
Dende hai 13 anos da sua fundación, a peña barcelonista San Miguel, non deixou de animar ó Barça todo-los anos e facer barcelonismo na zona.
Coruña, Vigo, Xixón, Oviedo, Santander, Bilbao, San Sebastián, Barcelona, son varias das cidades xa visitadas polos membros das peña, ademáis de facer rutas turísticas e gastronómicas nas suas viaxes. Visitaron tamén o parque de Cabárceno en Cantabria, Port Aventura en Cataluña, toda-las instalacións do FC Barcelona … todo nun ambiente familiar e barcelonista.
Dende a peña, animamos ós barcelonista da zona a unirse a nosoutros, sempre resulta máis fácil disfrutar do noso querido Barç en grupo que por separado.

Exit mobile version