Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña barcelonista San Miguel, de Barreiros, organiza o IV torneo de basket 3×3

Terá lugar o próximo día 14 de agosto, a partir das 11.00 horas. Será na pista deportiva sita a carón da igrexa de San Miguel de Reinante.Consta de unha primeira fase de liguilla, para pasar posteriormente a unha segunda fase de eliminatorias directas ata coñece-lo campión. A inscrición é gratuíta e o número de participantes por equipo ilimitado. Os interesados en apuntarse poden chamar ó número 649 57 13 60 (Jose). Esperase pasar unha mañá con un bo ambiente deportivo, xa que dende a peña pretenden que sexa unha xornada de deporte sendo o resultado final algo secundario.

Exit mobile version