Site icon Crónica3.com A Mariña

Amplían o prazo para a prescrición na escola municipal de música de Xove

NOTA DE PRENSA.-

AMPLÍASE O PRAZO PARA PREINSCRICIÓN NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE XOVE

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, acaba de ampliar o prazo de preinscrición para Escola Municipal de Música, prazo que estaba previsto rematara o martes 31 de agosto.
Dado que o mes de agosto é un mes tradicional de vacacións, é posible que moitos veciños/alumnos non se enteraran do prazo de preinscrición ou ben por razóns de desprazamentos non puideran preinscribirse. Debido a isto, dende a Concellería se lles quer facilitar este proceso, razón pola cal se decideu ampliar o prazo de preinscrición a todo o mes de setembro; polo tanto, o novo prazo de preinscrición vai rematar agora o XOVES 30 DE SETEMBRO.
Dende o Concello quérese animar a tódolos veciños/as de Xove amantes da música a que aproveiten a oportunidade e se preinscriban na Escola Municipal de Música de Xove.
A preinscrición hai que realizala nas Oficinas Municipais, concretamente no Rexistro que se atopa na entrada da Casa Consistorial. Os impresos os facilitan na mesma Oficina de Rexistro, e é necesario levar o DNI do alumno/a que realice a preinscrición e unha fotografía tamaño carné.

Exit mobile version