Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca a III Feira de Antigüidades e coleccionismo de Burela no pavillóns Vista Alegre

NOTA DE PRENSA
A III FEIRA DE ANTIGÜIDADES E COLECCIONISMO DE BURELA ARRANCA MAÑA PROMOVIDA POLA DELEGACIÓN DE TURISMO DO CONCELLO.

Burela, 12 de agosto de 2010. Mañá ás 11 da mañá abre as súas portas en Burela no pavillón Vista Alegre a III Feira de Antigüidades e Coleccionismo promovida pola Delegación de Turismo do Concello.

O edil José González Legazpi sinala que “a pesares do momento de transformación económico a III Feira de Antigüidades e Coleccionismo de Burela segue a ser un certame que esperta interese achegando nesta ocasión ao noso Concello e a toda a comarca de A Mariña, máis anticuarios, e tamén máis representación e diversidade de países como Francia, Portugal, Alemaña, Italia, incorporándose nesta edición Holanda e de moitas cidades españolas como Barcelona, Madrid, Valencia, Zaragoza, Santander, entre outras. Isto representa o seu carácter internacional e de importancia, que a sitúan xa nesta terceira edición en igualdade polo número de anticuarios participantes e procedencia con outros certames que se veñen celebrando en distintas cidades do noso país”.

O concelleiro de Turismo engade que “esta III Feira de Antigüidades de Burela reunirá a vintecinco anticuarios superando por tanto a edición anterior que contara con vintedous, e ofrecera diversidade de pezas singulares e insólitas, así como coleccionismo asequible, arte, e antigüidades en xeral con diversidades de prezos e por tanto non só dirixido a especialistas, senón a todo tipo de público”.

Legazpi subliña que “este certame promoverá valor engadido aos sectores económicos, principalmente no eido do turismo e a gastronomía, xa que logo despraza para a súa loxística e funcionalidade a un número importante de persoas e profesionais de distintos lugares e motiva igualmente unha evidente mobilidade comercial non so sectorial, senón tamén de visitantes en xeral como consecuencia de que o antigo está a gañar actualidade, o que representara sen dúbida unhas positivas consideracións para o Concello de Burela e para toda a comarca de a Mariña”.

A Feira de Antigüidades estará aberta no pavillón Vista Alegre ata o vindeiro domingo ás dez da noite.

Exit mobile version