Site icon Crónica3.com A Mariña

Bombeiros

É evidente que na Mariña non hai bombeiros, excepto unha pequena brigada que ten Alcoa, pero ese non e precisamente o gran problema, xa que cada vez que hai un lume a Organización-Coordinación para apagalo e nula, lembrar o da sub-estación de Boimente ou o recen da lonxa de Burela. Todas estas intervencións son un cúmulo de nula Coordinación, e para elo primeiro hai que facérllelo entender os alcaldes máximo responsable, para que se doten ós concellos de técnicos e non de abrigados vividores enchufados, que non teñen nin idea do que e unha emerxencia, e para ter técnicos primeira hai que definilos e despois darlles formación continua, mentres isto sigamos así, mellor non ter nada deixar arder e que sexa o que  . . . queira.

Fernando López Pedre – Xove

Exit mobile version