Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela recibe unha subvención de 42 mi euros para proxectos de acción costeira

BURELA (FNC) .- A concelleira do Mar, Remedios López, ven de anunciar que lle notificaron de forma oficial a concesión dunha subvención de 42.144,13€ para a súa Concellería, por tres proxectos presentados a principios de ano ao Grupo de Acción Costeira da Mariña-Ortegal (GAC). A edil socialista di que o proxecto gustou na Consellería do Mar e que levaraos a diante de forma inmediata.

A edil socialista explica que “o primeiro proxecto moi novidoso é o denominado Memoria do oficio do mar en Burela. Pretendemos facer un obradoiro da memoria recente de Burela, con testemuñas directas do inicio, desenrolo e crecemento da economía marítima e plasmar en material impreso e audiovisual a vinculación do Concello de Burela co mar, a través de entrevistas a personaxes relevantes da vida municipal, da súa visión da historia recente de Burela e recompilar vivencias marítimas cos xubilados do mar e as súas familias. O orzamento necesario para levar a diante este proxecto é de 40.120.38€ e concedéronnos unha subvención do 50%. (12.236,71€ do Fondo Europeo da Pesca, 3.911.73€ do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e 3.911.73€ da Consellería do Mar). En breve nos poñeremos a contratar un licenciado en Historia ou Periodismo para dar comezo ao proxecto”.

López Villar sinala que “o segundo proxecto quere darlle continuidade ás xornadas e guías gastronómicas que xa víñamos a realizar Os sabores do noso mar, coas que intenta o incremento do consumo de produtos pesqueiros e a promoción do sector da restauración cada vez máis implicado neste proxecto. Ata agora nestas guías gastronómicas temos presentado tres exemplares: o da merluza do pincho, o do bonito de Burela e o do ourizo. E para este ano intentaremos sacar a diante os do peixe espada e do polbo de roca. O orzamento necesario para levar a diante esta actividade será de 15.212,24€. O porcentaxe da subvención otorgada ao concello neste proxecto é dun 65% (6.031,64 dos Fondos Europeos da Pesca, 1.928,14€ do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e 1.928,14€ da Consellería do Mar)”.

Remedios López engade que “o terceiro proxecto para o que nos concederon a axuda é para as Xornadas técnicas de Expomar 2010 e o Encontro empresarial de organizacións pesqueiras Expomar 2010, xa realizados no mes de maio cuns orzamentos de 15.245,00€ . A porcentaxe de subvención conseguida polos GAC neste proxecto ascende ao 80%. (7.439,56€ FEP, 2.378,22€ Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e 2.378,22€ Consellería do Mar)”.

A concelleira de Mar agradece publicamente esta axuda de 42.144,13€ para levar adiante os tres proxectos e recorda que “cando comezamos no goberno puxemos en marcha dende esta delegación as xornadas gastronómicas e os libros recetarios coa idea de publicitar os nosos produtos, colaborar e axudar á hostalería de Burela e sobre todo concienciar á poboación do saudable que é o consumo de peixe. Agora é cando se recoñece e se valora o traballo ben feito destes tres anos, concedéndonos unha subvención para darlle continuidade. Tamén quero lembrar que seguimos traballando e apoiando á Fundación Expomar dende o Concello e agradecer tamén que se dea oportunidade a desenvolver un novo proxecto de recopilación da nosa historia no que empezaremos a traballar en breve”.

Exit mobile version