Site icon Crónica3.com A Mariña

Cultura sobre Rodas, un proxecto de eco-cultura en O Valadouro

Cultura sobre Rodas é un proxecto de eco-cultura, unha aposta lúdico-pedagóxica de animación á lectura dirixido ás familias e aos nenos e nenas máis pequenos. Esta actividade desenvolverase o martes 3 de agosto na Praza de Santa María de Ferreira do Valadouro. Cunha duración dunha hora, cada sesión contará coas seguintes actividades: PASARÚAS LECTOR, unha ciclobiblioteca percorrerá as rúas da vila anunciando a actividade. INSTALACIÓN DA CICLOBIBLIOTECA na Praza con libros, contos ou revistas sobre medio ambiente. “SETEVENTOS, O COCIÑEIRO DE CONTOS, cociñará contos e ensinará aos asistentes como se cociñan os contos.

Exit mobile version