Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o BNG de Foz que o POL deixa fóra de ordenación unhas 3.000 vivendas

Nota de prensa:

Basanta solicita a Borobio unha explicación xa sobre o Planeamento utilizado senón o BNG pedirá a comparecencia do Conselleiro no Parlamento

O POL deixa fóra de ordenación en Foz preto de 3.000 vivendas

Foz, 24 de agosto de 2010.- Xoán Carlos González Basanta solicitou hoxe que o que o Director Xeral de Substentabilidade debe explicar con carácter de urxencia as razóns que levaron a Xunta de Galiza a tomar como referencia para elaborar o Plano de Ordenación de Litoral no Concello de Foz un Planeamento que non se corresponde co actualmente en vigor, isto é o recollido nas Normas Subsidiarias aprobadas no 81 e modificadas no 90 para a súa adecuación a LASGA e que foi aprobada pola comisión provincial de Urbanismo. Basanta lembrou que “nas xuntanzas que mantivemos con Borobio os membros da Corporación focega este comprometeuse a recoñecer as bolsas de solo de núcleo rural que estiveran acreditadas no Planeamento e agora nos encontramos que no conxunto do Concello de Foz non existe nin unha bolsa só dese tipo de solo algo que acontece na totalidade dos Concellos de Galiza que procedeu a delimitar os seus núcleos”.

O Portavoz Nacionalista non dubidou en afirmar que Foz é o Concello de toda Galiza onde máis incidencia ten o Pol precisamente polo feito de utilizar un planeamento para definir o modelo de xestión do POL que non se sabe de onde sae. “Tanto é así que o POL deixa fora de ordenación máis de 3000 vivendas no Concello de Foz, que se corresponden coa residencia habitual de preto de 5000 persoas. Isto é a totalidade das vivendas situadas nos núcleos de Cangas, Nois, Fazouro, Forxán, Pradera, Mañente, Vilaronte e San Martiño quedan fóra de ordenación e non só iso senón que os predios situados no solo de núcleo rural que na lexislación galega se asimila ao urbano consolidado non teñen autorizados usos residenciais. Non hai un só veciño que residan ou teñan propiedade neses núcleos que non se vexan afectados polo mesmo” afirmou Basanta.

O dirixente do BNG de Foz considerou esta situación como “o máis sublime absurdo” ate o punto de que “Nois é recollido como núcleo de identidade litoral porén todo o solo que existe na parroquia é considerado como rústico de protección ordinario que todos sabemos esta inabilitado para calquera uso residencial. Ou o mesmo acontece co Parque Empresarial desenvolto a través dun Plano Parcial aprobado ao abeiro da Lei do 97 sen embargo agora a propia Xunta considérao como urbanizábel non delimitado , situando tamén nunha situación de alegalidade todas as empresas que están situados ao igual que as empresas e talleres existentes na área de Forxán. Non pode ser que até hoxe se estivesen concedendo licencias en solo considerado de núcleo rural, de cuxo coñecemento sabía a Xunta e agora a xunta nos diga que en Foz non hai solo de núcleo rural”.

Xa por último o Portavoz do BNG en Foz advertiu que “no caso de que a Xunta non de unha explicación xa procederan a solicitar a comparecencia do Conselleiro Hernández para que explique as razóns que levaron para elaborar o POL en Foz un Planeamento que non existe. Non pode ser que diante da situación de inseguridade xurídica e da intranquilidade que existe entre os veciños que xa viron a cartografía do POL aquí ninguén explique nada. Nos imos presentar as nosas alegacións, agora ben estas pasan porque se recoñeza a realidade fáctica da clasificación do solo fixada no Planeamento”. Os nacionalistas lembraron que a cartografía do POL atopase na propia páxina da Consellaría se ben anunciaron que a partir do Luns da semana que ven pode consultarse no local do BNG en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Exit mobile version