Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela cualifica de “exito total” a Feira do Bonito e Produart

NOTA DE PRENSA:
ALFREDO LLANO CULIFICOU DE ÉXITO TOTAL A FEIRA DO BONITO E PRODUART, OS DOUS EVENTOS QUE ENCHERON DE XENTE A VILA DURANTE TODA A FIN DE SEMANA.

Burela, 9 de agosto de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, cualificou de éxito a feira do bonito e Produart, os dous eventos que encheron de xente a vila durante toda a fin de semana.

O rexedor sinalou que “todo saíu quizais mellor do previsto, aínda que xa contabamos que sería un éxito pola data na que nos atopamos. A feira do bonito foi un éxito total desde a mañá do 7 de agosto ata a noite, sempre houbo xente por alí e como anécdota contar que antes das dúas da tarde xa estaban vendidas 300 racións deste produto, algo que non era habitual en anos anteriores. A participación foi extraordinaria tal e como demostra a venda das 4.200 racións preparadas. O bonito estaba magnífico, o que garante o éxito das vindeiras edicións”.

Llano tivo palabras de agradecemento “para toda a xente que participou, sobre todo aos voluntarios e aos asadores e aos que fixeron posible a realización das bandexas, un traballo digno de admirar que tivo a súa recompensa co éxito acadado por esta nova edición da feira do bonito. Destacar que é un produto pescado de xeito artesanal polos nosos barcos, algo que supón un valor engadido para o sector”.

O alcalde burelés dixo que “logramos encher o pobo, gracias á feira do bonito e tamén a Produart. A feira dos produtos artesáns e ecolóxicos foi visitada por máis de 6.000 persoas entre venres, sábado e domingo. O sábado ao coincidir coa feira do bonito foi o día máis forte de visitas. Tanto os artesáns coma os produtores ecolóxicos están moi contentos e tamén consideraron un éxito as xornadas e as actividades paralelas que se realizaron, houbo conferencias e obradoiros que tamén contaron con moito seguimento. O éxito destas dúas citas garantirá para os vindeiros anos unha afluencia masiva para estes eventos e insisto en felicitar a todo o mundo polos resultados”.

Por outra banda, Alfredo Llano, confirmou que a praia de Ril recuperou de novo a súa bandeira azul “unha vez subsanadas as deficiencias existentes no seu día”.

Exit mobile version