Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición en Xove da pintora Mary Boix

A pintora Mary Boix, afincada en Xove, expón por primeira vez na localidade.  Na sala de exposicións da oficina de Turismo, ata o día 13 con horario de luns a domingo: de 9:30 13:30 e 16:30 a 20:30 horas; pechada os luns e martes pola mañá. Poderán verse arredor de 21 traballos, na súa meirande parte óleos de pequeno e mediano formato, así como algunha obra de técnica mixta. Unha boa parte das obras expostas está adicada ao Camiño de Santiago, recollendo experiencias e imaxes da propia autora no Camiño

Exit mobile version