Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle a “II Feira de antigüidades e coleccionismo” do 13 ao 15 de agosto

Nota de Prensa

BURELA ACOLLERÁ DO 13 AO 15 DE AGOSTO A III FEIRA DE ANTIGÜIDADES E COLECCIONISMO.

Burela, 11 de agosto de 2010. O pavillón Vista Alegre de Burela acollerá do 13 ao 15 de agosto a III Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Almoneda.

O concelleiro de Turismo, José González Legazpi, sinala que “esta terceira edición reunirá a un número de expositores superior ao do pasado ano, o que representa un avance importante e unha aposta cara a súa consolidación. Agardamos por tanto un exitoso resultado e consideramos que o evento cumpre unha necesidade na comarca non só de cara ao sector, senón que pretende tamén dirixirse a tódolos público, xa que dispón dun amplo abano de obxectos valiosos e serios, pero non caros”.

O edil nacionalista subliña que “si na pasada edición participaban xa anticuarios de Francia e Portugal, dándolle á mesma carácter internacional, nesta terceira edición atoparanse tamén xunto cos anteriores, expositores procedentes de Italia e Alemaña, así como españois de distintos lugares, como Madrid, Valencia, Barcelona, etc. En definitiva estamos diante dun certame de importancia para a comarca que traerá sen dúbida ao noso concello e mesmo á comarca da Mariña posibilidades económicas e turísticas”.

Exit mobile version