Site icon Crónica3.com A Mariña

Mañá celebrarase o dia da xuventude en Xove

NOTA DE PRENSA:
DÍA DA XUVENTUDE CON “RUXE XOVE”, MAÑÁ EN XOVE

Despois do Día do Neno que celebramos hoxe, seguimos co programa das Festas Patronais San Bartolo 2010, e así mañá XOVES 26 DE AGOSTO tócalle ó DIA DA XUVENTUDE con “RUXE XOVE”, un amplo Programa de actividades preparado polo Concello, concretamente pola Concellería de Cultura e pola Concellería de Xuventude.

A primeira parte do Programa está relacionada con vehículos a motor, pero non calquer tipo de vehículos, senón vehículos a escala, concretamente coches e avións. Estas actividades, digamos que “motorizadas”, vanse desenvolver polo que vanse desenvolver no amplo espacio que hai diante do Colexio de Primaria (CEIP Pedro Caselles Rollán).

-Ás 16:30 horas, na OMIX: SCALEXTRIC XIGANTE.

-Ás 18:00 horas, no exterior da OMIX: EXHIBICIÓN DE COCHES A AVIÓNS TELEDIRIXIDOS.

-Ás 19:00 horas, tamén no exterior da OMIX: CARREIRA DE COCHES TELEDIRIXIDOS.

Rematadas todas estas actividades entorno ao mundo do motor, pasamos á segunda parte do Día da Xuventude, coa celebración da “NOITE MEIGA”.

-A partires das 22:30 horas na Praza do Centro Cívico: “NOITE MEIGA”.

Trátase dun espectáculo parateatral, que se celebra por terceiro ano consecutivo, e que cada ano nos mostra diferentes aspectos do mundo da meiguería. Este ano imos ter adivinadoras e pitonisas que nos van a mirar o noso futuro. Imos ter tamén magos que nos van transportar a outros mundos, etc. Todo isto cunha decoración e unha iluminación moi cuidada.

Dentro dese mundo máxico do que estamos a falar non pode faltar a QUEIMADA, inda que neste caso teríamos que falar de QUEIMADAS, xa que ademáis da queimada normal e tradicional, imos ter tamén unha QUEIMADA INFANTIL, para os nenos, iso sí, lóxicamente sen alcol. Que a xente perda o medo, xa que para alonxar os malos espíritos, contamos cun meigo que co seus conxuros afastará os malos ventos.

Rematada a queimada, e dado que estamos a falar do Día da Xuventude, imos ter festa rachada ata as tantas coa DISCOTECA MÓVIL, actividade coa que pecharemos este intenso Día da Xuventude.

Exit mobile version