Site icon Crónica3.com A Mariña

Marfil e Superti serán rivais laranxas no triangular benéfico da Pontenova

NOTA DE PRENSA:


MARFIL E SUPERTI, RIVAIS LARANXAS NO TRIANGULAR BENÉFICO DA PONTENOVA (MARTES 24)
Marfil Santa Coloma, de Honra, e CD Rececende Superti-A Pontenova FS, de Primeira Nacional A, serán os rivais do Burela FS mañá no triangular benéfico que celebrará o décimo aniversario do club pontenovés, a favor da ONG Ciruxiáns do Mundo.
O pavillón municipal acollerá a cita a partir das 20.30 horas, co encontro entre os barceloneses e os anfitrións como primeiro prato. Ás 21.15 saltarán á pista os laranxas para enfrontarse por terceira vez no que vai de pretempada co Marfil. Como broche final, o duelo entre o Superti e o Burela FS será ás 22.00 horas.
Durante os amigables, o club venderá rifas para o sorteo de camisetas dos equipos particantes. A recadación será destinada á antedita organización non gobernamental.
Como antesala, os nenos/as de entre 7 e 14 anos terán a oportunidade de compartir o día coas ensinanzas e experiencias dos membros do Marfil Santa Coloma nun campus gratuíto coordinado dende o Superti-A Pontenova.

Exit mobile version