Site icon Crónica3.com A Mariña

Nos libros sempre quenta o sol

Moitos presumen arreo dos libros que escribiron, eu sintome mais contento dos que lin.
Non non é miña, é como casi sempre de Borges. Así dicía o mestre cando se lle preguntaba polos libros que lía ou escribía. Eu penso que a lectura é unha fonte inesgotable de pracer e coñecemento, é o motor de todo o que facemos ou pensamos.

Eu sigo crendo que os libros funcionan á conta da nosa enerxía. Somos o seu único motor, a diferenza do que ocorre con televisores, vídeos e fonógrafos. Iso quere dicir que se nós non espertamos as imaxes dos libros, se nós non damos, vida aos grandes personaxes da literatura como Medea, Hamlet, Ana Karenina, Don Quixote, eles perecerán, sen remedio, nese obxecto de papel a miúdo rectangular que coñecese como libro.

Os lectores somos os responsables de manter a tradición, revivindo aos heroes das grandes obras, pois elas viven para nós e a nós débense; pero se non as rescatamos, se non alimentamos a fantasía dos soños, se non espertamos a imaxinación do belo, somos, dalgún modo, responsables da súa morte. Axuntado a este transfondo ideolóxico, a comunicación, na nosa sociedade capitalista, parecese estar ligada á imaxe como punto de partida e fin de todo mensaxe.

A televisión, as revistas e ata certos xornais, desprazan a palabra en prol da malasintaxis; son fieis á esa idea tan manida dee que “unha imaxe vale máis que mil palabras” o cal é unha gran falacia, porque o xerme de toda imaxe esta en a palabra e non ao revés. Pero este culto impúxose de xeito tan decidido que desprazou a lectura e escritura a un segundo plano, porque nun mundo suxeito á velocidade, como o é o noso, estas actividades parecen anacrónicas e resultan unha perda de tempo. Fronte a este fenómeno devastador sempre será necesario insistir en incrementar a lectura e escritura como actividades civilizadoras.

A lectura segue sendo, seica, o fundamento máis claro do pensar, e o pensar é a máis humana das actividades do home ao longo da súa historia.
¿ E para que ler? Logo de ler un libro, dez, cen, mil, que se leu, nada, o valor das persoas non debe medirse no número de libros que leron, o ler moitos libros na vida non che fará máis culto ou máis capaz, nin moito menos mellor que os demais, se así o pensaches algunha vez, estás fodido amigo, o valor dun libro mídese polo estado de conciencia en que nos deixa, se os personaxes plasmáronnos algo, se o día e a noite dinche algo, o que importa é como se ve, como sente, como se actúa logo de ler non mil libros, basta un só, un só para cambiarnos a vida.

Esta reflexion ven a conto do cabodano 25 da Feira do libro de Foz, a que queremos dar a enhoraboa e na que este ano presentamos, Paco Rivas e mais eu un libriño de poemas e dibuxos vendo e falando da nosa “Patria” Nois e a nosa illa maxica “A Pena Orxal”

Otero Regal

Exit mobile version