Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros asegura que o hórreo de Puparín caeu polo mal estado

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que o hórreo de Pouparín en San Miguel atopábase en moi mal estado e caeu.

O rexedor sinala que “o Concello retirou os escombros da parte que caeu e por seguridade cidadá derrubou o resto, xa que se atopaba en moi mal estado e preto dunha zona deportiva na que habitualmente hai moitos rapaces”. Fuente Parga insiste en que “o hórreo estaba nunha zona dotacional e deportiva onde hai moitos nenos e persoas maiores e podía supoñer un risco para todos eles”.

Exit mobile version