Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz pon como exemplo de colaboración entre administracións a obra de Ponte da Carreira en Nois

Nota de Prensa

O Concello de Foz  mostra a súa satisfacción porque nun período corto de tempo as administracións implicadas na Ponte da Carreira en Nois que sube ao barrio de Cabanas, foron capaces de poñerse de acordo  e asumir as responsabilidades  pertinentes  para poder executar  o proxecto de ampliación do paso superior sobre a línea de Feve na intersección de Nois – Carretera N-642, P.K. 38.650.

Según o Alcalde este convenio firmado entre o Concello de Foz, Feve e Deputación Provincial, pon de manifesto como se debe de traballar entre administracións para facer obras que redunden no interese xeral da cidadanía.

Esta obra é unha vella reivindicación desta parroquia, que se encontra con un paso estreito donde apenas colle un coche e unha persoa, có conseguinte perigo que entreña esto tanto para vehículos como para persoas, con esta obra vaise a mellorar a amplitude da ponte e vai permitir esta mellora que se poidan cruzar dous coches e a maiores que por acera circulen peatóns.

O presuposto que manexa o convenio achégase aos 110.000 € de inversión, donde 60.000 € ponos FEVE e o resto a Deputación Provincial, encargándose o Concello dos demáis trámites técnicos, así como dos terreos necesarios para dita obra.

O Alcalde de Foz quere manifestar que resulta incomprensible que a Senadora do Partido Popular, Mariña Gueimunde, inste ao Goberno do Estado a que lle explique si se vai a facer algunha obra nesta ponte, según o Alcalde si esta senadora se dirixira ao Alcalde de Foz, gustosamente lle enviaría unha copia do convenio asinado e así aforraríase moitos quebradeiros de cabeza en preguntas inútiles ao goberno do estado, dá a impresión que cada vez que se queren facer cousas, ao mesmo tempo tamén se queren poñer trabas, pensando que a liña a seguir foi e debe ser sempre a colaboración entre institucións para mellorar a calidade de vida da nosa cidadanía.

Exit mobile version