Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia o exercicio de escapismo do PP diante da situación urbanística de Barreiros

Nota de Prensa

O BNG DENUNCIA O EXERCIZO DE ESCAPISMO DO PP DIANTE DA SITUACIÓN URBANÍSTICA DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS DIN QUE UNHA COUSA É PREDICAR E OUTRA DAR TRIGO.

Barreiros, 10 de agosto de 2010. O BNG denuncia o exercizo de escapismo do PP diante da situación urbanística de Barreiros. Os nacionalistas din que unha cousa é predicar e outra dar trigo.

O grupo municipal do BNG lembra que “sempre mantivemos unha postura clara na defensa dun urbanismo racional, sempre dixemos e decimos que primeiro tiñan que existir os servizos e despois os edificios. E tamén dixemos e seguimos a dicir que con cartos públicos, sobre todo nunha situación de crise acuciante, non se pode pagar a desfeita que provocaron outros. Por iso fomos coherentes e criticamos o famoso convenio que se asinou no mes de marzo, do mesmo xeito que criticamos o incumprimento do convenio da auga, que era xa do ano 2006”. Os nacionalistas sinalan que “unha vez que ese convenio saiu adiante, non cos votos do BNG senón cos do PP e dos outros grupos, o que vemos é que a paralización segue. O PP, que en todo momento dixo que eles eran os salvadores deste concello e que si chegaban eles ao goberno da Xunta esto se desbloqueaba de inmediato, de momento todo o mundo está a agardar por esa solución, por ese famoso plis plas que dixera un destacado persoeiro do PP nun mitín no teleclube de San Cosme”.

Desde o BNG subliñan que “cando falamos de paralización referímonos á paralización de 400 empregos no concello de Barreiros. Estamos agardando por esa solución que anunciaba o PP, pero vistas as contestacións por parte do alcalde no último pleno e en sesións anteriores da a impresión de que o conselleiro Agustín Hernández e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, van por un lado e o alcalde de Barreiros e o PP da Mariña van por outro, porque o que di a Xunta, o conselleiro e o presidente é que sen servizos non vai haber edificios. ¡Qué curioso! Din exactamente o que dixo o BNG por iso preguntamos por ese plan sectorial que o alcalde recoñeceu que ía con moita lentitude, ese plan sectorial para dotar de servizos a Reinante, a San Miguel, a San Pedro e a San Cosme”.

Para o Bloque Nacionalista Galego “é unha magoa que ninguén fale de servizos para o resto do concello. Ninguén fala de servizos para a zona sur de Barreiros, ninguén fala do tan demandado saneamento. Os veciños da zona sur teñen os mesmos dereitos que os que viven en primeira liña de praia”.

Exit mobile version