Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF Pescados Rubén estrea a pretempada 2010-11 o domingo na Semana Eypar de Melide

Nota de Prensa

O BURELA FSF ESTREA A PRETEMPADA ANTE O CIDADE DAS BURGAS, NA SEMANA EYPAR DE MELIDE (DOMINGO 15, 20.00 HORAS)

O Burela FSF Pescados Rubén estrea a pretempada 2010-11 este domingo, na Semana Eypar de Melide. O pavillón da localidade coruñesa acollerá o encontro entre as pupilas de Javier Pardeiro e o Cidade das Burgas, novo conxunto da División de Honra, a partir das 20.00 horas.

A competición de Melide reunirá un total de 18 equipos ao longo de 6 días, unha pequena escolma do panorama futbolístico español con toques de internacionalidade: Viz Sinara, campión de Rusia; Azkar Lugo FS, Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago, Marfil Santa Coloma, Carnicer FIAT Torrejón e Reale Cartagena, División de Honra; Burela FS, División de Prata; Azkar Lugo B, Mera FS e Noia FS, Primeira Nacional A; Concello de Trabada FS, Ventorrillo Caixanova e Ribeira FS, Primeira Nacional B; SD Melide FS, Autonómica Norte; Burela FSF Pescados Rubén e Cidade das Burgas, División de Honra Feminina; Sobrado Xuventude FS, Provincial Feminina; e Selección Terra de Melide, Comarcal Feminina.

A entrada diaria da Semana Eypar será de 3 euros, con dereito aos dous partidos. Os espectadores/as tamén poderán acceder ao abono completo, para os seis días (12 encontros), a 12 euros.

A Semana Eypar ofrecerá, ademais, actividades de formación de fútbol sala como un curso de monitor e árbitro (do 16 ao 21), un campus de base (do 17 ao 19) e un clínic sobre as novas tendencias técnico-tácticas (entre o 20 e o 21).

Burela masculino. O conxunto de Suso Rey, pola súa banda, disputará dous amigables, ante o Marfil Santa Coloma (martes 17) e o Concello de Trabada FS (xoves 19).

Exit mobile version