Site icon Crónica3.com A Mariña

O club ciclista Burela organiza o primeiro Desafío en BTT de dunha grande dificultade

BURELA .- O Club Ciclista Burela organiza o primeiro Desafío en BTT que terá  lugar o vindeiro sábado dia 7 de agosto. A proba dará comenzo as 8:30 horas e os ciclistas terán ata as 19:00 horas para poder completar un percorrido de 61 km dunha grande dificultade.

Nota de Prensa

O Club Ciclista Burela organiza o Iº Desafío en BTT que terá  lugar o vindeiro sábado dia 7 de agosto.

Esta proba é unha novidade no mundo do btt galego , é unha aposta forte polo ciclismo de montaña puro , neste Desafío respetamos todo o posible o estado dos camiños polos que discorre a proba xa que queremos que o nome de Desafío supoña que a natureza polo seo estado desafía ao ciclista a superar distintos retos e éste acepta ese Desafío e respetando a Natureza consigue superar todas as dificultades que se encontrará no percorrido ata o seo remate no pavillón dos institutos dende donde tamén tomarán a saída.

A proba dará comenzo as 8:30 horas e os ciclistas terán ata as 19:00 horas para poder completar un percorrido de 61 km dunha grande dificultade .

O prezo da inscripción será de 20 € para os ciclistas federados e de 28 € para os non federados xa que pagarán un seguro para poder participar neste Desafío , que se aboarán no momento de facer a inscripción no mesmo pavillón entre as 7:00 e as 8:15 horas , contamos coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e figura no calendario de actividades da Federación.

O remate da proba , os ciclistas terán servicio de duchas e as 20:30 horas faremos unha cea no pavillón para todos , participantes e acompañantes.

Como actividade paralela , ofrecemos os acompañantes un autobús para que poidan ver ós participantes nun momento da proba asi como visitar o Barco Museo “Reina del Carmen” , a Igrexa da Vila do Medio donde unha guia amosará e explicará as pinturas do século XV que ali se atopan e rematarán con unha visita o monte Castelo para que vexan a fermosura da Mariña Luguesa.

Exit mobile version