Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela celebra o “Día do Mar” con deporte e actividades acuáticas na praia de O Portelo

Nota de Prensa

A PRAIA DO PORTELO ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O DÍA DO MAR QUE ORGANIZA O CONCELLO A TRAVÉS DA SÚA DELEGACIÓN DE MAR.

Burela, 17 de agosto de 2010.  A praia de O Portelo acollerá o vindeiro sábado 21 de agosto o día do mar que organiza o Concello de Burela, a través da súa Delegación de Mar.

Remedios López continúa así coas actividades que leva desenrolando ao longo de todo o verán para formar, e dar a coñecer Burela, a súa gastronomía e os seus encantos mariñeiros. A edil socialista explica que “nesta ocasión, como o ano anterior, queremos facer unha homenaxe a todos os veciños e turistas de Burela que utilizan as fermosas praias do noso concello na temporada estival, dedicando un día do verán ao deporte e á diversión acuática”.

O sábado día 21 de agosto en horario de mañá de 11 a 14 horas e en horario de tarde de 16 a 19 horas haberá na praia do Portelo multiactividades acuáticas gratuítas. A concelleira de Mar sinala que “dependendo da osadía dos nosos veciños, poderemos ver a nenos, chavales e maiores disfrutando de esqui acuático, inchables, donus acuático, padel, surf, motos de auga e xogos acuáticos como xincanas, baloncesto…”.

A Concellaría de Mar contratará “unha empresa que traerá monitores especializados que ensinarán e axudarán a desenvolver ditos deportes. A novidade para este ano con respecto ao ano anterior serán as bolas acuáticas. Son bolas de plástico transparentes onde colle unha persoa no seu interior e se despraza por encima do mar”. Remedios López lembra que “estas actividades están limitadas aos nenos de 6 anos, é condición indispensable saber nadar e deberanse de apuntar previamente no Concello de Burela para poder participar e organizar grupos. Igual que o ano anterior serán totalmente gratuítas para a poboación. Animo a todos os veciños a disfrutar deste día colaborando e participando nalgún deporte pouco usual nas nosas praias”.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Mar, Remedios López, presentaron hoxe esta actividade.

Exit mobile version