Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro convoca o 6º Certame de Pintura ao aire libre

VIVEIRO.- O concello de Viveiros en colaboración coa sección cultural de “El Corte Inglés e co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, convoca o 6º Certame de Pintura ao aire libre baixo o lema “pintar o aire do pasado”

BASES:
1.- Celebrarase en Viveiro os días 6 e 7de agosto de 2009.
2.- Poderán participar todos os pintores que o desexen, con unha única obra.
3.- O tema das obra será as rúas e os monumentos históricos do casco antigo de Viveiro.
4.- A técnica a utilizar será totalmente libre, e as dimensións do formato da obra non será inferior a 51 x 35 cm nin superior a
100 x 81cm. Debendo presentar o soporte completamente en branco para o seu selado na parte posterior, sen ningún tipo de
preparado e totalmente limpo.
5.- A inscripción será gratuita. E o prazo estará aberto ata o día da celebración do certame.
Lugar: Departamento de cultura do Concello de Viveiro (Teatro Pastor Díaz),
en horario de 09.00 a 13:00 horas.
Teléfono: 982560162
6.- O tempo de realización será de 10.00 a 20.00 horas os día 6 e 10.00 12.00 do día 7 de agosto. As obras recolleranse no
Departamento de cultura (Teatro Pastor Díaz ) .
7.- O pintor/a realizará a súa obra no mesmo sito que se representa.
8.- As obras non deberán ir firmadas, e no caso de ser premiada o autor comprométese a firmala.
9.- O xurado está composto por membros de recoñecido prestixio no mundo das artes, asi como representantes do Concello de
Viveiro. O xurado comprométese a non ver as obras ata que sexan recollidas pola organización, evitando calquer contacto cos
autores.
10.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases, asi como a decisión do Xurado, que é inapelable. o
xurado poderá declaralo deserto cando a calidade dos traballos presentados sexa insuficiente.
11.- O horario das actividades ó remate do concurso será :
Venres 6:
10.00 h.: Selado do material no Departamento de Cultura (Teatro Pastor Díaz)
20.00 horas do día 7 recollida das obras no Teatro Pastor Díaz.
Sábado 8: Os participantes que non remataron o traballo, poden facelo de 10.00 a 12.00 horas
Entrega de premios ás 13.00 horas
12.- Calquera caso non contemplado nas bases será resolto polo Xurado.
13.- As obras premiadas quedarán a disposición do Concello, que se reserva os dereitos de reprodución da obra.
14.- Os orixinais non premiados devolveránse aos autores ata ó día 13 de agosto en horario de 09.00 a 13.00 horas no Teatro
Pastor Díaz.
15.- Premios:
1º premio: 600 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €
A cantidade dos premios será indivisible
Viveiro, agosto de 2010

Exit mobile version