Site icon Crónica3.com A Mariña

O motoclub Os Centolos programou a concentración de Burela para a primeira fin de semana de setembro

BURELA .-  Presentaron en Burela a III edición da Concentración de motos que organiza o motoclub Os Centolos da Mariña, e que este ano se celebrará a fin de semana do 4 e o 5 de setembro. O delegado de Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, recordou que a cita motera do ano pasado e xuntou ao redor de 4000 persoas.

Nota de Prensa

O DELEGADO DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN ASISTIU Á PRESENTACIÓN DA III CONCENTRACIÓN DO MOTOCLUBE OS CENTOLOS DA MARIÑA

A concentración de motos celebrarase o 4 e o 5 de setembro en Burela

LUGO, 3 de agosto de 2010. O delegado de Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta tarde á presentación da III edición da Concentración de motos que organiza o motoclube Os Centolos da Mariña, e que este ano se celebrará no porto de Burela a fin de semana do 4 e o 5 de setembro. Á presentación tamén asistiron, ademais de Antonio Veiga, Neves Cando, concelleira de Deportes de Burela, Alfredo Llano (alcalde de Burela) e Remedios López (concelleira), xunto a Manuel Vidal (o presidente do colectivo)

Antonio Veiga afirmou que o evento de seguro terá tanto éxito como a pasada edición, “na que se xuntaron ao redor de 4000 persoas, algo que sen dúbida supón un valor engadido a este tipo de actividades, xa que os concellos se ven enriquecidos grazas á afluencia de xente que os visita durante estas concentracións”.

O prezo de inscrición nesta actividade para todos aqueles que desexen participar está en 30 euros, 25 para os socios do motoclube que se preinscriban, e inclúe dúas rutas turísticas, unha camiseta, obsequio e un pin conmemorativos, pinchos, cea do sábado, concerto, queimada e almorzo e comida do domingo. Durante a fin de semana celebraranse varios sorteos e haberá xogos, carreiras, actuacións acrobáticas e retransmisión de MotoGP, entre outras actividades. Ademais, o sábado terá lugar unha gran sardiñada gratuíta para todos os asistentes.

Para máis información acerca do programa e as preincricións, os interesados deberán chamar ao teléfono 638 127 189, acceder ao sitio web www.oscentolos.com, ou poñerse en contacto por correo electrónico oscentolos@oscentolos.com.

P R O G R A M A :
SÁBADO
10:00. Apertura inscricións
12:00. Ruta turística.
14:00. Comida (pincheo, só para preinscritos).
17:30. Xogos, carreira motos lentas (100 € en premios).
18:30. Actuación acrobática (1º pase).
19:30. Sardiñada gratuíta.
21:30. Cea para inscritos.
23:00. Ruta en memoria dos compañeiros caídos.
23:30. Actuación acrobática (2º pase).
00:00 en diante: Esconxuro queimada (José Vicente Mon Canoura) e degustación + orquestra + DJ + “recena” + sorpresas.

DOMINGO

09:00 en diante: Almorzo en cafetería.
11:00. Ruta turística pola zona con aperitivo.
14:00. Retransmisión MotoGP en pantalla xigante.
15:00. Comida para inscritos.
16:00. Entrega trofeos e sorteo obsequios. Despedida.
(O programa ten valor orientativo, podendo ser modificado por cuestións organizativas).

PREZO:
Non socios: 30 €.
Socios de Os Centolos: 25 € (só con preinscrición).
(Inclúe: bolsa con camiseta + pin conmemorativo + caña e pincho de benvida).
Acampada gratuíta en pavillón cuberto con duchas.
A preinscrición dá dereito á comida-pincheo do sábado y ao desconto de 5 € para socios.
A condición de preincrito só se adquirirá unha vez se deposite a cantidade indicada como prezo na conta: 2091.0109.82.3000124809 de Caixa Galicia, indicando nome dos participantes antes do 1 de setembro.

Exit mobile version